Un libro analiza o legado cultural e social de Xavier Prado Lameiro

A obra, editada pola deputación, inclúe pezas teatrais e composicións poéticas inéditas

A Deputación de Ourense vén de publicar un novo libro que afonda na historia do que foi o "Universo Nós", analizado a través do legado cultural e social de Xavier Prado Lameiro, "un intelectual ao que tanto lle debe a ciencia, a música, a cultura e o pensamento político da nosa terra", en palabras do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. 

A obra "Xavier Prado Lameiro, legado cultural e social",  foi presentada onte xunto ao autor, Alberto Portela Vázquez (Vigo, 1974), doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago. A publicación, editada pola Deputación, inclúe pezas teatrais e composicións poéticas inéditas que custodia a sede da Coral de Ruada, institución da que Lameiro foi un dos seus fundadores.  

Baltar afirmou que hai que estar "na primeira liña das homenaxes aos bos e xenerosos e Prado Lameiro é un deles, e lembrándoo tamén recordados ao mellor de Nós, porque o seu legado é unha lección de autenticidade e compromiso coa nosa terra", e engadiu que o libro é "unha obra esencial para coñecer a personalidade e a traxectoria dun dos grandes de Ourense"

Te puede interesar