PROMOCIÓN

O libro “Onde vai Carlos?", gratis mañá con La Región

portada_onde_vai_carlosss
photo_camera portada_onde_vai_carlosss

Escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Antonio Seijas, acerca a figura de Casares aos cativos

La Región únese ao Día das Letras Galegas e por elo regalará mañá co xornal o libro sobre a figura de Carlos Casares "Onde vai Carlos?", con textos de Xosé A. Perozo e ilustracións de Antonio Seijas e ideado para que os lectores máis cativos aproxímense á figura do escritor ourensán.

O libro, que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e de Coren, e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, está encadernado en tapa dura, ten unhas medidas de 21,5x21,5 centímetros e está impreso a todo color.

Para conseguir o libro "Onde vai Carlos?", os lectores deberán mercar o xornal de mañá, mércores 17, e entregar no punto de venda o cupón que levará impreso no lombo. O quiosquero dará completamente gratis o libro: os suscriptores do xornal recibirán o libro no seu domicilio, onde reciben o periódico, de xeito gratuito, sen necesidade de facer ningunha reserva.

O libro, adicado especialmente os lectores máis novos, conta con 47 páxinas a todo color, entre as que se inclúen unha adicatoria do presidente da Deputación provincial e o himno ourensán, con letra de Manuel de Dios.

"Onda vai Carlos?" permitirá a Ana, protagonista do libro, mergullarse en distintas aventuras que lle irán permitindo descubrir precisamente a un dos máis importantes escritores galegos do século XX. Un camiño inmellorable para espertar a curiosidade dos nenos. O mellor xeito de impulsar a lectura nas máis curtas idades.

Viñetas, debuxos, ilustracións, diálogos e historias que seguro axudarán os nenos o descubrir o porqué desta homenaxe que a literatura galega rinde a Carlos Casares.

Contacontos

Para complementar esta promoción, tamén mañá, na Alameda da cidade, La Región e a Deputación organizan unha actividade cun contacontos sobre o libro que se agasalla ese día co xornal. María Lado, a partires das 11,30 horas, será a encargada de levar á vida ás páxinas de "Onde vai Carlos?", nunha fermosa homenaxe a un dos escritores galegos máis importantes do século XX.

Biografía

Casares naceu en Ourense no ano 1941. En Xinzo transcorreu toda a súa infancia. No 1959, gaña o seu primeiro premio no concurso provincial de contos de Navidade. Así deuse a coñecer e coñeceu personaxes do galeguismo como Vicente Risco, quen o orientou polos camiños das letras galegas.

No 1962, vai a Santiago para estudar Filosofía e letras. No 1978 foi elixido membro da Real Academia Galega e no 1996, presidente do Consello da Cultura Galega. Finou en Vigo o 9 de marzo de 2002. 

Te puede interesar