ENTREVISTA - VIDA

As Lobas de Morgana, pioneiras en Ourense do Roller Derby

OURENSE. 06/04/2018 Campus de Ourense. Lobas de Morgana. Fotos para suplemento Vida. Foto: Miguel Angel
photo_camera As integrantes do equipo Lobas de Morgana.

Vai para dous anos que se formou Roller Derby Ourense "As Lobas de Morgana" froito das casualidades e das gañas de poñer en práctica un deporte aínda descoñecido na cidade.

 

Elas son as pioneiras en traer este deporte feminino por excelencia á cidade, algo do que, segundo confesan, se sinten ben orgullosas. Non é para menos. Estas "lobas" só están comezando e xa porán o nome de Ourense no primeiro encontro oficial da comunidade galega de Roller Derby. Mozas, a seguir sumando puntos en cada "jam"!

Cóntennos, en que consiste este deporte?OURENSE. 06/04/2018 Campus de Ourense. Lobas de Morgana. Fotos para suplemento Vida. Foto: Miguel Angel

A explicación primeira que nos din a todas é: o roller derby é un deporte de contacto que se xoga sobre patíns de catro rodas paralelas nunha pista plana oval. Para nada parece como logo se ve! 

Cada partido dura 60 minutos con dous tempos de 30 minutos e cada unha desas metades divídese a súa vez en "jams" de dous minutos de duración como máximo.

Para que nos entendamos, son dous equipos na pista, cada un con cinco xogadoras en cada un dos "jams", rodando sobre a pista oval no sentido contrario as agullas do reloxo. Cada equipo conta cunha "jammer" que é a patinadora que anota os puntos, a "pivot" que é unha bloqueadora pero o mesmo tempo e baixo certas circunstancias pode pasar a ser "jammer" e anotar puntos. O resto son bloqueadoras que teñen como misión axudar a que a súa anotadora marque puntos e evitar que o faga a anotadora rival. 

Aínda que non o pareza, é un deporte que pide forma física porque as veces a "jammer", que normalmente ven a ser a patinadora máis áxil, ten que superar "muros" (conxunto de bloqueadoras que impiden o paso) moi fortes e resistentes o que supón unha grande inversión de enerxía ademáis do que xa é patinar cun certo ritmo.

Comentar que as ligas ou equipos de roller derby son conxuntos de patinadoras autoxestionados e organizados mediante comités que distribuen o traballo entre as integrantes, o que tamén supón unha certa inversión económica. Na actualidade a maioría dos equipos están federados  e xogamos baixo o paraugas da Federación Galega de Patinaxe e coa axuda do Comité de Roller Derby. 

"O roller derby é un deporte creado por e para a muller co fin de empoderala e liberala do rol tradicional"

No noso caso, estamos moi orgullosas de ademáis participar e organizar a primeira liga galega, que nos enfrentará os vindeiros meses co resto dos equipos galegos. Esto supón que Ourense formará parte do primeiro encontro oficial da comunidade galega, e isto fainos sentir en certa forma coma "pioneiras" o traer este deporte a provincia.

É complicado contar cun espazo de adestramento?

O noso espazo único para adestrar agora mesmo é Espazo Xove, os martes e xoves. É o máis dificil de todo, encontrar un espazo onde poder facelo. A maioría de canchas resérvanse para deportes maioritarios e é moi difícil convencer de que os nosos patíns levan rodas específicas para rodar en interior e que non se van estragar as pistas. Por desgraza, para un partido de competición o pabellón no que adestramos non da as medidas, así que alquilamos pista no pabellón da Universidade, con quen por certo tentamos firmar unha colaboración.

Como animarían ás ourensáns a que probases este deporte? 

Simplemente que veñan a ver un día un partido, é un deporte moi visual que engancha a primeira ollada e desprende adrenalina por todas partes. Cando chega unha persoa a grada o primeiro que sinte é confusión o ver tanto movemento e o mesmo tempo un desexo irrefrenable de "eu tamén quero estar ahí". O Roller Derby é deporte, é enerxía, pero tamén ten valores moi exclusivos de compañerismo e o final crea un vínculo moi forte coas túas compañeiras, o que no noso deporte denominamos como "derbywifes". E algo moi importante a destacar para nós, e que estamos a formar parte de algo que está medrando, dun deporte novo que ten moito tirón.OURENSE. 06/04/2018 Campus de Ourense. Lobas de Morgana. Fotos para suplemento Vida. Foto: Miguel Angel

Xa de paso aproveitar para engadir que nos poden encontrar nos adestramentos, ou en redes sociais, en facebook e instagram como Roller Derby Ourense ou escribirnos a [email protected].

Algúns o califican como un deporte feminista, que teñen que decir a elo?

Sen dúbida, é un deporte creado por e para a muller, dende a súa orixe en EEUU. Era un deporte para empoderar a muller, para liberala do rol que tradicionalmente se lle asignaba e facer ver que tamén temos voz e somos fortes. Estos valores continuan a verse no deporte a día de hoxe, inda que existan xa equipos masculinos segue a ser un deporte maioritariamente  femenino. As integrantes do noso equipo participaron na marcha do 8M, e nos espazos libres de violencia de xénero porque entendemos que educar na igualdade dende o deporte tamén é posible e moi necesario.

Que demandan para poder seguir evolucionando no deporte?

Agora mesmo o que máis falta nos faría serían espazos que den as medidas para poder adestrar e xa para a cidade, creemos que todos os que temos que ver cos deportes o aire libre nos gustaría ter onde poder patinar no tempo de ocio. Por exemplo, algunhas de nos imos con certa frecuencia a ecopista que corre entre Valença e Salvaterra, un espacio natural que se aproveitou para facer unha pista apta para os deportes o aire libre. Gustaríanos ver eso na nosa cidade. 

Te puede interesar