SUCESO | OURENSE

Localizan en bo estado ao adolescente desaparecido dende o sábado

centro menores montealegre
photo_camera O mozo está internado no centro de menores de Montealegre (MARCOS ATRIO).

Isaac R.N. estivo en paradoiro descoñecido dende o sábado, cando tiña que volver ao centro de menores de Montealegre

O adolescente de 16 anos de idade Isaac R.N., que permanecía en paradoiro descoñecido desde o sábado, cando tiña que regresar ao centro de menores no que está interno en Ourense, foi localizado en bo estado.

Segundo informou SOS Desaparecidos, a alerta foi desactivada ao aparecer o adolescente, do cal fontes da Policía Nacional informaran a Europa Press que se trataba dunha ausencia voluntaria por parte do menor, actitude que xa ocorrera en anteriores ocasións.

SOS Desaparecidos activara a alerta a través da súa conta de Twitter, na que publicara unha foto do adolescente xunto cunha descrición do mozo de complexión normal, de 1,72 metros de estatura, 57 quilos de peso, pelo castaño e ollos negros.

Te puede interesar