ENTREVISTA

Lois Babarro: "Xa comenzaron a chegar ao seminario bolsas de calzado e roupa para Portugal"

photo_camera Lois Babarro.

A súa axenda é "compricada". Dende fai dous anos, Lois Babarro compaxina a presidencia da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) en Ourense coa dirección do Seminario Menor

O centro está inmerso nunha acción de recollida de roupa e calzado para os afectados polo incendio de Portugal, na que colabora La Región.

Como naceu a iniciativa? 

Da cafetería El Rincón de Patricia e MRW e nos ofrecémoslle convertirnos no nexo común de recollida desta roupa. Consideramos que dende a plataforma de obra social do Seminario poderíamos lograr unha maior difusión, e por tanto, recollida de roupa.

Que resposta cidadá está a ter esta acción?

O que máis recibimos foron chamadas de xente solicitando información. Xa chegaron algunhas bolsas con roupa e calzado. A recollida péchase o venres, porque a remitirán a Portugal o sábado.

Que importancia ten a súa obra social? 

Para nós é imprescindible que os nosos alumnos se fagan partícipes da realidade que viven ao seu redor. Máis alá de cuestións académicas, a obra social ensínalles a valorar o que teñen e a axudar ás persoas que non están tan lonxe, e que teñen problemas.

En que outras accións está inmersa esta plataforma?

Recollemos tamén roupa para os refuxiados sirios que se atopan nos campamentos de Grecia. Recollemos fondos para as misións do Obispado en Sudamérica e colaboramos cos comedores de Cáritas, aos que algúns alumnos seguen asistindo, á marxe da nosa obra social.

Dirixe o centro dende fai dous anos, cal é balance que fai deste tempo? 

O balance é positivo, porque a xente comeza a coñecer a realidade do noso Seminario, que nos daba a sensación de que non coñecían a nosa labor. De feito estamos subindo o noso número de matrículas, que aumentou nun 50 por cento.

Te puede interesar