Solidaridade

"Luces do Norte", unha canción para o pequeno Rafa

Por cada visionado do vídeo, o grupo ourensán fará unha doazón a Asociación Pequeños Superhéroes

A banda de folk Guezos vén de presentar "Luces do Norte", unha canción escrita para mostrar o seu apoio á Asociación Pequeños Superhéroes, que colabora con nenos con enfermidades raras.

Un tema no que o grupo ourensán colabora coa Banda de Gaitas Nova Fronteira e co que ademais de sumarse a esta causa solidaria, pretende visibilizar as enfermidades raras na sociedade.

Por cada visualización de "Luces do Norte", a banda realizará unha doazón de 10 céntimos á asociación. Unha iniciativa para apoiar a investigación desta enfermidade así como dos seus tratamentos. 

Aquí podes axudar ao pequeno Rafa, soamente dándolle "play" ao vídeo.

 

Te puede interesar