Concertos

Lucía Pérez abre o ciclo "Cultura no Camiño"

20180702CNCOurenseLuciaPerez (1)_result
photo_camera Lucía Pérez.

O ciclo, que comeza o vindeiro xoves día 5, oferta actuacións ata o mes de setembro.

A sexta edición do ciclo "Cultura no Camiño" chega o vindeiro xoves 5 a Ourense cunha carteleira composta por once actuacións de carácter musical e teatral. Terán lugar na praza de San Martiño.

O ciclo "Cultura no Camiño", promovido pola Xunta de Galicia, está organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A encargada de abrir o ciclo o próximo xoves será a eurovisiva Lucía Pérez, que presentará en Ourense o seu sétimo traballo discográfico, "Quince soles".

O ciclo "Cultura no Camiño" presentará as seguintes actuacións:

  • De Vacas (19 xullo)
  • Happy Gospel (26 xullo)
  • Fanfarria Taquikardia (2 agosto)
  • A Banda da Loba (9 agosto)
  • Trío Siboney (16 agosto)
  • Coanhadeira (23 agosto)
  • Caxade (30 agosto)
  • Guezos (6 setembro)
  • MCarballo (13 setembro)

Te puede interesar