ELECCIONES MUNICIPALES

Luis Menor: "Nada do que se está a facer ben, que é moito, vai deixar de facerse ben"

De ben novo xa lle xurdiu a vocación de servizo público. Con 22 anos converteuse no concelleiro máis novo de Pereiro y ahora opta a la Alcaldía

Luis Menor (Calvelle) ten agora aos seus 54 anos o reto de continuar co legado do de Eliseo Fernández, que ostentou a Alcaldía 32 anos e que o acompaña de dous: "É así como se fan as sucesións, porque hai xente que pode asustarse polo cambio. Pero queremos dar a mensaxe de que nada do que se está a facer ben vai deixarse de facer ben". Chegou a ser o concelleiro máis novo, con 22 anos. É letrado da Administración de Xustiza e ata hai meses era director xeral de Emerxencias da Xunta. Pomete "talante e diálogo", pero tamén "firmeza".

Como foi a xestión de Eliseo?

Positiva. Era un concello rural e agora ten servizos; perdiamos poboación e é dos poucos que gaña; tiña cero industria e agora hai un polígono de 2.000 traballadores; non había colexio propio e temos dous privados e un público que se ampliou. Eivas? Claro. Por iso a lista ten continuidade e renovación. É a que máis se parece a Pereiro.

Cal é proxecto para o mandato ?

Un programa realista, ambicioso e crible, que combina ingresos e gastos. Hai outros que empezas a lelos e son todo gastos. Hai que xerar recursos que creen riqueza. Temos propostas que están comprometidas, isto non é un brindis ao sol, como o parque acuático, que se empezará no 2020. Imos promover a ampliación do parque empresarial, melloraremos o entorno do encoro de Cachamuíña. Queremos que sexa epicentro do lecer. E tendo oo Loña como fío condutor queremos conectar co Ourense termal cun sendeiro. Temos que aproveitar o novo centro de saúde, no que pediremos un pediatra,  e estudaremos crear a Policía Local, pero primeiro hai que ter ese recursos, como o parque acuático. Pereiro ten moitas posibilidades, e se saen será espectacular.

Que lle gustaría arranxar xa?

A mellora da estrada que vén desde Montealegre ata o parque empresarial, por Monterrei. Teremos un parque acuático e temos un parque empresarial ao lado da cidade, e necesita unha boa comunicación. E sobre todo o transporte. Hai xente que vive en Pereiro e non está empadroada. A nosa aposta clara é o transporte. Non se entende que chegue a Ceboliño e non a Castadón. Temos capacidade económica para e establecer liñas municipais Témolo claro, se non funciona nun ano, porémolo municipal, con fondos propios. 

Te puede interesar