Ourense

Un lume queima o baixo dunha vivenda en San Cibrao das Viñas, pero non causa feridos

Ourense

SEUCESO OURENSE

Un lume queima o baixo dunha vivenda en San Cibrao das Viñas, pero non causa feridos

Segundo informaron ao 112 Galicia, o lume calcinou por completo a planta baixa, na que gardaban un vehículo e diverso material para a venda ambulante

Un lume queimou na madrugada deste xoves a planta baixa dunha vivenda no termo municipal de San Cibrao das Viñas (Ourense), pero non houbo persoas feridas. Segundo informou o 112 Galicia, o lume declarouse no baixo dunha vivenda situada no lugar de Reboredo, en San Cibrao das Viñas, sobre as 3,30 horas deste xoves.

Até o lugar do incendio desprazáronse os bombeiros da localidade, xunto con axentes da Guardia Civil. Segundo informaron ao 112 Galicia, o lume calcinou por completo a planta baixa, na que gardaban un vehículo e diverso material para a venda ambulante. 

Non entanto, ningunha persona resultou ferida, a pesar de que a vivenda estaba ocupada no momento de producirse o lume. De feito, foron os propietarios quen se puxeron en contacto co 112 Galicia alertados por un suposto golpe que aseguraban escoitar previo ao incendio.