Luz verde á Casa da Cultura de Taboadela

Baltar y Álvaro Vila
photo_camera Baltar y Álvaro Vila
Concello de Taboadela e Deputación de Ourense aproban a nova Casa da Cultura

A Deputación de Ourense e o Concello de Taboadela colaborarán para transformar a antiga casa reitoral do municipio na futura Casa da Cultura municipal. Así o asinaron o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila. O ente provincial aportará o 80% da contía da obra (450.000 euros), e o Concello de Taboadela o 20% restante. Este acordo permitirá dotar ao municipio dun espazo cultural e de participación cidadá, incluíndo un servizo de biblioteca e de medios materiais didácticos para que os máis cativos poidan participar en obradoiros e actividades recreativas.

Álvaro Vila celebrou este acordo e subliñou que, deste xeito, están atendendo “unha das nosas prioridades cando arrancamos o mandato, que é darlle ao noso concello un lugar para a cultura, do que agora carecemos”. Vila asegura que porán en marcha o mecanismo de licitación desta obra “antes de que remate este ano”, co obxectivo de adxudicar a mesma “en febreiro do ano que vén”. 

Te puede interesar