Máis de 100.000 euros para rehabilitar dúas casas en A Peroxa

Terán un uso social e incluso se o decide o Goberno Central, acollerán persoas refuxiadas

Os núcleos de A Peroxa e Vilarrubín terán novas vivendas rehabilitadas para o seu uso social e incluso, no caso de que así decidise o Goberno central, para cumprir o ofrecemento de acoller persoas refuxiadas que fixo o Concello. 

Na parroquia de A Peroxa, vaise rehabilitar un inmoble situado no número 12 da poboación, unha edificación que no seu día tivo carácter de servizo sanitaria, ao funcionar como lugar de pernoctación para os traballadores de Cruz Vermella. 

A vivenda, de dúas plantas, será acondicionada e terá un hall de acceso, un salón, unha cociña, un baño e un dormitorio, así como un sótano a modo de almacén. O Concello licitou esta obra por algo máis de 52.000 euros. 

Por outra banda, tamén se sacou a licitación a rehabilitación dunha vivenda no núcleo de Vilarrubín. Esta casa é a antiga escola, que se pechou cando se formou o grupo escolar na Peroxa. Neste caso, non está  moi deteriorada, debido a que foi sometida a obras por un recente obradoiro de empregabilidade. 

Te puede interesar