Máis de 400 militantes da cidade están chamados a participar na asemblea local

Máis de 400 militantes da cidade están chamados a participar na asemblea local de hoxe.
A cita arrincará ás dez desta mañá, no Edificio de Ferro do Campus universitario, coa presentación e o posterior debate das candidaturas que optarán á Alcaldía da cidade. Haberá unha primeira votación e logo outra para refrendar á lista gañadora. Esta última circunstancia facía temer onte a algún militante que a asemblea rematara sen candidato se non acadaba respaldo dabondo a gañadora. Nembargantes, boa parte da militancia confiaba en que si se decidirá a proposta para a Alcaldía e incluso había quen non desbotaba un acordo de última hora, algo que, desde o punto de vista dos cabezas de listas, semellaba onte imposible.

Te puede interesar