entrevista

“O que máis atende Protección Civil agora é a retirada de niño de velutina"

Clemente Pérez
photo_camera Clemente Pérez, presidente dos grupos de Protección Civil en Ourense. (MIGUEL ÁNGEL)
Clemente Pérez preside a asociación dos grupos que compoñen Protección Civil en Ourense

O próximo 23 de novembro é unha data fixada nos calendarios dos voluntarios de Protección Civil. Ese día celebrarán a IV Xornada de Convivencia en Allariz, na que se reunirán membros do colectivo procedentes das diferentes agrupacións da provincia. Á fronte dos preparativos está Clemente Pérez, presidente da asociación dos grupos que compoñen Protección Civil en Ourense.

A día de hoxe, en cantos concellos da provincia operan? 

Podemos decir que prácticamente cubrimos o 100% do territorio da provincia, dado que actualmente contamos con 73 agrupacións en concellos e presenza en dúas mancomunidades, a de Celanova e a de O Ribeiro. Co que abarcan estas  últimas, case chegamos a toda a provincia.

E en número de voluntarios? 

Rexistrados temos 1.300, dentro de todas as agrupacións. Somos a segunda provincia de Galicia con máis agrupacións de Protección Civil. A nosa presenza implica que cheguemos a todos os incidentes ou eventos que haxa, porque somos o colectivo de máis proximidade.

Son cifras que están a crecer ou a diminuír? 

Nos últimos anos medrou, e segue. O crecemento foi ligado ao aumento das axudas recibidas. Nos últimos oito ou dez anos foi cando houbo o maior repunte, na época de dirección de Luis Menor, chegaron moitas dotacións e creáronse máis agrupacións polas aportacións económicas.

Notan o interese en colaborar na xuventude? 

O colectivo é de todas as idades, nunhas zonas hai más xente nova ca noutras. Temos voluntarios dende os 14 anos en adiante. A xuventude participa e está presente en todas as agrupacións.

Que formación se require para entrar como voluntario? 

Hai que inscribirse como candidato, logo facer o curso básico de Protección Civil obrigatorio. Dende ese punto poden adquirir a formación que se desexe e toda é gratuita. Neste ano ofrecéronse 22 cursos opcionais nos que participaron un total de 468 voluntarios.

Que queren logran coas xornadas de convivencia? 

Este é o cuarto ano que as celebramos porque no inicio decidiuse establecer un día para xuntarnos todos os voluntarios, para coñecernos e intercambiar experiencias. Combinamos o aspecto lúdico co dunha serie de obradoiros de forma entretida nos que aproveitamos os lugares aos que imos, onde teremos visitas turísticas. Este ano celebrámolo en Allariz.

Clemente Pérez

A cantos voluntarios xuntan ese día? 

Nos últimos anos témonos reunido uns 400 voluntarios de toda a provincia. Todos se marchan contentos despois desta xornada e son moi participativos. Mantemos a traxectoria de asistentes que non é fácil.

Quen é o homenaxeado deste ano? 

Este ano o recoñecemento é a Juan Míguez que se incorporou ao que era Protección Civil a finales dos 80, principio dos 90. Ademáis, a día de hoxe teño a honra de sustituilo como presidente da Asociación provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, da que foi fundador no ano 2011. Grazas a eso gañamos en dinamismo para estar máis integrados e ter coñecementos máis reais de todas as agrupacións. Tamén entregaremos condecoracións a voluntarios pola súa traxectoria ou algunha actuación destacada. Así descubirmos que hai moita xente que leva moitos anos dedicado a esto, estando ao servizo da comunidade os 365 días do ano as 24 horas.

En que obradoiros participarán os voluntarios na xornada? 

Vamos ter un sobre a búsqueda de persoas con drons que o fará a unidade de Celanova. Tamén a Policía Autnómica chegará coa unidade subacuática como parte dun obradoiro de rescate acuático. Vamos contar coa presenza da UME que vai expoñer os seus medios. Tamén formaeremos nas ventaxas do uso dos quads como vehículos especiais, xunto a outros máis. Os voluntarios organizaranse en grupos que irán rotando.

No traballo diario, cales son as principais emerxencias ás que se enfrontan? 

O que máis atendemos agora son retiradas de niño de velutina. Nalgunha agrupacións estamos participando moi activamente pola extensión que ten en moitos concellos. Intentamos evitar, como podemos, a súa expansión.

Contan coa axuda necesaria por parte de administración? 

A Xunta fixo aportacións para todo o material preciso. Nunca se está cuberto pero mellorosouse moitísimo. Nos últimos anos a provincia recibiu 40 pick-up, 13 furgóns de loxísitca, 46 remolques de emerxencias e con carpas, embarcacións neumáticas, equipos de excarcelación, todo esto acadou preto dos 3,4 millóns de euros. É a cifra que se invertiu na Protección Civil nos últimos seis anos en Ourense. Os voluntarios ao ver esto,  involúcranse máis porque ven recompensada a súa labor. Despois temos outras subvencións para funcionamento.

Te puede interesar