Máis sobre Cachamuíña

Cachamuíña.
photo_camera Cachamuíña.

O luns 28 de marzo, cadrando coa celebración en Vigo do día da Reconquista, La Región publicaba un interesante traballo de Antonio Piñeiro no que daba conta da importante participación de varios ourensáns, nomeadamente Bernardo González del Valle “Cachamuíña”, nese fito histórico. O día seguinte, Fernando Ramos, no mesmo xornal, describía os actos de homenaxe a “Cachamuíña” que tiveron lugar en Vigo co gallo do traslado dos seus restos á cidade olívica o 9 de agosto de 1932, nos que participou a Coral De Ruada. Pois ben, estes actos tiveron o seu inicio o día anterior en Ourense. Vexamos.

Bernardo González faleceu o 6 de setembro de 1848, aos 77 anos de idade, na súa casa natal de Cachamuíña e recibiu sepultura no cemiterio parroquial de San Salvador de Prexigueiró (Pereiro de Aguiar). Case que 84 anos despois, a asociación “Hijos de Vigo” conseguiu que os restos de Bernardo González fosen trasladados a Vigo para seren enterrados nun panteón do cemiterio de Pereiró. Esta, cando menos, é a versión coñecida, xa que segundo algúns historiadores, tal como relatou no seu momento Atlántico Diario (5 de xaneiro de 2015), non se sabe con certeza a quen pertencen os restos depositados nese panteón:

…en realidad nadie en su pueblo natal sabía qué había sido de sus restos. El propio párroco comentó el mal estado de la tumba original por las humedades en el cementerio orensano provocó que en algún momento fueran desechados y llevados a una supuesta fosa común. Por tanto, no habría sido enterrado en la capilla de su casa, pero tampoco está claro que la sepultura de Ourense fuera la suya.

En todo caso, o traslado comezou en Ourense o luns 8 de agosto de 1932, seguindo o programa que La Región anticipaba no seu número do día anterior:

A las diez y media serán las honras fúnebre en la Santa Iglesia Catedral, a las que asistirán el excelentísimo señor Obispo, Cabildo, Comité organizador de dichos actos en Orense y representaciones de distintas Corporaciones y organismos. Dicho acto religioso resultará solemnísimo.
Seguidamente se hará entrega a las representaciones viguesas de los restos del coronel “Cachamuíña”, levantándose al efecto la correspondiente acta notarial, que firmarán las autoridades y otras personalidades.

Luego se organizará el acto del traslado de la arqueta, desde la Catedral hasta el Campo de los Remedios, para su conducción a Vigo.
El desfile será por las calles de Don Juan de Austria, Santa Eufemia, Lamas Carvajal, García Hernández y Progreso.
Asistirán las autoridades, Cabildo, representaciones de todos los organismos y entidades, Orfeón y Coros, con sus banderas, y la Banda Municipal.
Rendirán honores fuerzas del batallón que guarnece esta plaza.
Antes de partir para Vigo, pronunciará un discurso el elocuente tribuno y diputado a Cortes don Basilio Álvarez, quien llegará hoy de Madrid con tal objeto.

A continuación, La Región explica que en vista da gran cantidade de persoas que queren participar neste acto, a comisión organizadora informa de que soamente formarán parte da comitiva as autoridades, cabildo da Catedral, Orfeón Unión Orensana e os coros galegos De Ruada e Os Enxebres coas súas respectivas bandeiras. As demais persoas deberán formar dúas fileiras a ámbolos dous lados das rúas citadas. Ademais, o xornal ourensán ofrece a seguinte información:

Al comenzar las honras fúnebres se disparará una salva de bombas, otra al terminar aquellas y una tercera al emprender la marcha con dirección a Vigo.

Aos actos de Vigo, o día seguinte, asistiu unha representación de distintos organismos ourensáns e a Coral De Ruada que participou cos seus cantos en varios momentos. Pero da homenaxe viguesa xa deu conta Fernando Ramos no seu artigo mencionado ao inicio.

Te puede interesar