Día Internacional de la Mujer

Malena de Jesús, directora do CIM de Ourense: “O 8M é unha data reivindicativa”

Malena de Jesús, directora do CIM de Ourense.
photo_camera Malena de Jesús, directora do CIM de Ourense.
Malena de Jesús, directora do CIM de Ourense, destaca o traballo do centro con mulleres en situación de vulnerabilidade 

A atención ás mulleres supón o traballo prioritario que leva el Centro de Información ás Mulleres. Malena de Jesús é a directora do CIM Ourensán.

Cal é o traballo que desenvolve o CIM?

Desde o CIM prestamos unha atención integral e gratuita, como servizo público que é, ás mulleres ourensanas que o demandan para poder exercer os seus dereitos e tratar de resolver as situacións conflictivas de desigualdade polas que pasan. Neste senso, e tendo en conta que desde que entrou en vigor a lexislación nacional e autonómica en materia de violencia de xénero, os CIM pasamos a ser considerados os servizos de primeiro nivel especializados na intervención en violencias machistas, dedúcese facilmente que o traballo prioritario que levamos a cabo é o da atención ás mulleres que atravesan por situacións de violencias de xénero.

Con qué medios conta?

Na actualidade conformamos un equipo técnico de tres profesionais: Directora-psicóloga, asesora xurídica e educadora social. A maiores a unidade administrativa conta con dúas persoas. Porén, e dada a sobrecarga de funcións que o decreto anterior nos atribúe, xunto co incremento do número de casos que demanda os nosos servizos, resulta a todas luces imprescindible desligar as funcións de dirección do servizo do posto de psicóloga, e urxente contratar a outra psicóloga que a maiores da esixida formación en xénero posúa tamén unha especialidade en psicoloxía infantil; e precísanse tamén unha traballadora social e, a maiores,  unha profesional que coordine o traballo na área da diversidade de xénero.

Que actividades e servizos ofrece o CIM?

As actividades que se levan a cabo son de intervención diaria coas persoas usuarias do servizo, como se dixo anteriormente, e, por otra banda, de tipo comunitario, a través da realización de campañas de sensibilización en meses sinalados Tamén desenvolvemos actividades culturais, de ocio, obradoiros, cursos de formación, publicamos materiais sobre igualdade, temos un programa coeducativo (Programa Coeduca) de conciliación destinado ás crianzas, o Programa Nexos, para mulleres que atravesan por situación de violencia de xénero, o Programa Convívere, destinado a mulleres e homes adultos para reflexionar e prender outros xeitos de relacionarnos desde o bo trato, e outro tipo de actos que realizamos durante todo o ano. Ademais, mantemos reunións periódicas coa cidadanía.

A cantas mulleres dades servizo no CIM?

As tres profesionais vimos atendendo unha media de entre 110/120 casos cada unha ao ano. E hai un grupo de 20 mulleres no Programa Nexos. Tamén pode considerarse que indirectamente prestamos axuda a moitas familias monomarentais a través do programa de conciliación que traballa coas crianzas. Podemos decir que en torno ao 85% acoden ao CIM por motivación relacionada coas violencias machistas. Tamén consultan por programas, recursos, axudas para mulleres, por cuestións laborais, conflitos familiares diversos, aspectos relacionados coa diversidade de xénero, etc.

Te puede interesar