WHATSAPP Ó DIRECTOR...

Mans que salvan vidas

1

Con motivo do Día Europeo da Concienciación da Parada Cardíaca, Barbadás acolleu unha actividade para concienciar aos escolares sobre a importancia de actuar con prontitude ante unha parada cardíaca

En torno a 80 nenos e nenas dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato aprenderon a actuar en caso de emerxencia. Con motivo do Día Europeo da Concienciación da Parada Cardíaca, o polideportivo municipal de Barbadás acolleu unha actividade para concienciar aos escolares sobre a importancia de actuar con prontitude ante unha parada cardíaca. 

Esta actividade foi organizada pola Concellería de Educación e con ela o alumnado obtivo coñecementos sobre a manobra de atención cardiorespiratoria, coñeceron cómo é unha ambulancia por dentro e participaron nun simulacro de emerxencia. Colaboraron  María Méndez Lage, coordinadora/formadora de xestores da Central 061 de Galicia, Protección Civil de Barbadás e a Ambulancia asistencial de Protección Civil de Cambados. 

“As túas mans salvan vidas” era o lema elixido para unha actividade que contou cunha breve introducción teórica de soporte vital básico e de Protección Civil de Barbadás e posteriormente unha parte práctica, onde os escolares tiveron a oportunidade de practicar a reanimación cardiorespiratoria en monecos.

Te puede interesar