Ourense

Baltar e Conde-Corbal presentan o libro "O noso camiño", unha homenaxe a Nós

Ourense

Baltar e Conde-Corbal presentan o libro "O noso camiño", unha homenaxe a Nós

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Moncho Conde-Corbal.
photo_camera Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Moncho Conde-Corbal.
A obra rende homenaxe á pelerinaxe que por este mesmo camiño realizaron os membros da  Xeneración Nós Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey en 1927

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o escritor e editor Moncho Conde-Corbal deron a coñecer a obra editada conxuntamente pola Deputación de Ourense e Elcercano, "O noso camiño, guía de pelerinaxe de Ourense a Santo André de Teixido", da que son autores Moncho Conde-Corbal e Santiago Lamas, e que rende homenaxe á pelerinaxe que por este mesmo camiño realizaron os membros da  Xeneración Nós Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey en 1927. 

Manuel Baltar destacou “o acaído de presentar esta obra nestes días, nos que conmemoramos o centenario da creación da revista Nós, para o cal, dentro dos actos programados figura a entrega, mañá venres, do Premio Otero Pedrayo, e neste días pasados as presentacións dos libros de Paco López-Barxas sobre os protagonistas da Xeración Nós, e a obra de María Victoria Carballo-Calero sobre as ilustracións na revista Nós. Agora, este libro, O noso camiño, “é moito máis ca unha documentada guía de pelerinaxe, pois afonda na Galicia cultural, etnográfica e histórica, elementos que a xeración Nós tivo na base do seu ideario”, afirma Baltar. 

A obra, editada por edicións Elcercano, conta con colaboracións de Darío Villanueva e Manuel Janeiro, con fotografías de Moncho Conde-Corbal e Antonio Vázquez e con cartografía de José García Calvo e Antonio Vázquez. Trata da pelerinaxe desde Ourense a San Andrés de Teixido, 262 quilómetros realizados en once etapas, con cartografía, fotografías, datos sobre as súas características técnicas e posibles aloxamentos e o relato do percorrido.