ENTREVISTA | VIDA

Manuel López crece a través de sus relatos

17.09.16.VERIN.PORTADA A MANUEL LOPEZ CID.
photo_camera Manuel López. (FOTO: MARCOS ATRIO)

Manuel López Cid vén de publicar o seu primer traballo literario. "Tocábanos crecer" é unha recopilación de relatos curtos "pensamentos ou narracións que compoñen un diario en si mesmo". Con este traballo, o xoven verinense conseguiu entender mellor todo o que lle pasaba ou sentía, "escribir foi unha maneira de ordearme".

Manuel López Combina esta faceta artística con estudos de Psicoloxía que xa está a piques de rematar. Inmerso nunha novela á que lle está a adicar moito tempo, Manuel asegura que o que lle está a pasar "vaime un pouco grande", pero está aprendendo a ser paciente e a seguir loitando polos seus soños.

Cando surxiu o seu interés pola literatura?

En certo modo, na escola. A pesar de ser un neno que tampouco destacaba pola súa afección á lectura, as actividades baseadas en redactar libremente si me interesaban. Comecei a escribir cando tiña uns catorce ou quince anos, aínda non entendo moi ben por que. Por necesidade, supoño. Escribir é para min unha forma de terapia; síntome mellor facéndoo. As cousas malas pesan menos sobre o papel.

Que quere expresar en “Tocábanos crecer"?17.09.16.VERIN.PORTADA A MANUEL LOPEZ CID.

"Tocábanos crecer" son eu é todo aquilo que me rodea. Emocións que todos coñecemos dende a miña visión.

Por que relatos curtos?

A idiosincrasia dos relatos curtos permitiume agrupar unha serie de pensamentos ou narracións que compoñen un diario en si mesmo. Quizais necesitaba, na época na que foron escritos, unha guía de instruccións que me axudara a entender mellor todo o que me pasaba ou sentía. Escribir foi unha maneira de ordearme. Así é e así seguirá sendo.

Cal é para vostede o mellor momento para escribir?

Considero que calquera hora e lugar resulta válido cando tes algo que dicir. Para escribir só é necesario un bolígrafo e papel e o mundo está cheo de xente con tinta e pañuelos. "Tocábanos crecer" é unha reunión de textos escritos durante os meses do outono-inverno pasado.

Que proxectos ten no marco da literatura?

Agora mesmo estou a medio camiño de rematar a que sería a miña primeira novela. Levo uns meses adicándolle moitas horas cada día, espero que poida rematala pronto sen terminar demasiado desquiciado.

17.09.16.VERIN.PORTADA A MANUEL LOPEZ CID.Adica o seu libro aos seus avós, foron eles a súa fonte de inspiración no libro?

Hai un par de capítulos adicados ás miñas avoas. Ós meus avós varóns non os cheguei a coñecer, morreron antes de que eu nacera. Sempre os botei moito de menos sen entender moi ben por que; chorar por alguén sen saber quen é doe demasiado. Adicarlles o libro é unha forma de salvar esa distancia e, quizais, a culpa. As miñas avoas son a mellor referencia de traballo e respecto que coñezo. Aspiro a ser a metade de boa persoa ca elas. 
  
Combina a súa paixón por escribir cos seus estudos, que proxectos ten?

Principalmente, o proxecto que me ocupa é remata-la carreira. Estou comezando agora o último ano de Psicoloxía, así que estou cerca de conseguilo. Gustaríame traballar na vertente clínica ó rematar. Por outro lado, está a conclusión da novela da que che falaba antes. Tamén teño en mente traducir tanto esta como "Tocábanos crecer" ó castelán, todo isto a medio-longo prazo. Estou aprendendo a ser paciente. Quería dá-las grazas a toda aquela xente que se implicou na publicación deste libro, dende a editorial ata ós meus amigos, pasando pola familia e o Concello de Verín, entre outros. Vaime un pouco grande todo isto.

Te puede interesar