Manuela Viso, encargada de la Heladería La Ibense: 'A xente foi cariñosísima con nós'

Ramiro Gómez e Manuela Viso. (Foto: Xesús Fariñas)
Toda unha vida adicados á Ibense. Manuela Viso, xunto ó seu marido Ramiro Gómez, lembra con moito cariño esta etapa e, sobre todo, ós clientes.
Como era a Ibense cando empezaron vostedes?

Entonces abríamos no día de San Lázaro e pechábamos a mediados de outubro. No mostrador tiñamos as máquinas de facer o xeado artesán e detrás gardábamos os carros. Entón saíamos a vender e chegou a haber uns 30 postos na rúa. Despois empezamos a abrir todo o ano. A a cafetera empezou no ano 1968 ou 1969 e tamén empezamos a facer chocolate.

Elaboraron sempre os xeados artesanais?

Ata o día antes de pechar. Aquí fixemos sempre o artesanal, coa fórmula orixinaria. Si é certo que hai uns anos se fundou unha sociedade en Ibi e Gijona, Helados Alacant, para elaborar xeados artesanais e fixémonos socios con eles e tamén tíñanos eses. Pero non deixamos de elaborar o noso.

Cal era o segredo?
O cariño co que o facíamos e os ingredientes, que eran totalmente artesanais, como o leite ou os ovos. E moito sacrificio, porque se facía todo manual e non é como meter os ingredientes nunha máquina. Nós non utilizamos nunca productos sintéticos. Viñan os viaxantes e ofertábanche granizada de limón, pero nós fixémola sempre co limón natural.

Que clientela tiveron?

Empezamos con rapaces, case nenos. Despois foi vindo a xente maior. Eu penso que tivemos avós, fillos, netos e xa veñen os bisnetos. Antes de abrir as autovías, tíñamos xente que o pasar para as praias viñan sempre para aquí. Os estudiantes marchaban a facer carreiras a Santiago ou a Madrid e a primeira visita ó regreso era á Ibense. Sempre nos sentimos moi cómodos coa xente.

Tiveron moito traballo.

Levo 47 anos diarios aquí e encántame. Pero para nós era moito. Agora xa temos uns anos e a saúde tamén se resinte. Pero foi con tanto cariño que non notabas nin que o tempo pasaba.

Non houbo quen quixese facerse cargo do negocio?
Nada. Temos dous fillos, pero non lles gusta. Este negocio é moi duro. No verán ás cinco da mañá estamos aquí e acabas as tantas da noite. E non hai un día de descanso ou vacacións. Pero a mín nunca se me acordaron as vacacións para nada. Eu era feliz aquí, podo dicir que me realicei aquí.

Que lles dixeron os clientes?
A xente foi cariñosísima con nós. Xamais teremos palabras para agradecelo. O de cerrar levámolo bastante en segredo porque é algo que nos doe moi to, pero foi tal o cariño que nos demostrou a xente que penso que nos compensa todo. Nós tratamos de ser cariñosos coa xente e atendelos, pero non pensei que fose tanto.

Que vai pasar co local?

O local é alugado, estamos vaciando todo, collendo os recordos que temos. Entregarémolo ós donos, peron non sabemos que van facer con él. Na rúa do Paseo éramos nós os últimos. Antes estaba o Tatino, de zapatos; Tejidos Peñamor, Ultramarinos La Preferida, o Café Madrid, A Bilbaína, e viñera tamén a Confitería Ramos. Agora todo son franquicias ou multinacionais.

Te puede interesar