Ourense

Manzaneda participará nun proxecto europeo

Ourense

desenvolvemento

Manzaneda participará nun proxecto europeo

manzaneda
photo_camera Manuel Baltar, no centro, deu luz verde a que a Deputación apoie a iniciativa.

O obxectivo é que a estación afiance a súa estratexia de respeto ao medio

A Deputación de Ourense apoiará a participación da Estación de Manzaneda nun proxecto medioambiental da Unión Europea liderado pola Universidade de Bruxelas. "Horizonte 2020" permitirá á estación ourensana ser pioneira neste senso, e afianzar a súa estratexia de respeto ao medio ambiente e á sostibilidade. 

Manuel Baltar, en nome do ente provincial, secundou a participación de Meisa nun proxecto de investigación e desenvolvemento que explorará as tendencias futuras da demanda enerxética e a integración de enerxías renovables, como piloto demostrador das solucións desenvolvidas no proxecto. Para esta finalidade, Everis Ingeniería ofrecería soporte para a implantación de sistemas de enerxía renovable e de almacenamento de electricidade. 

Gustavo Samartín, director de Meisa, e Miguel Ángel Casas, director de Everis, presentaron o proxecto, que terá unha duración de 36 meses e contará coa participación de 15 entidades públicas e privadas. O orzamento total é de seis millóns de euros. 

"Horizonte 2020" trátase do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea que se executará entre o 2014 e o 2020. O obxectivo do mesmo é construír unha sociedade e unha economía de primeira orde a escala mundial, baseadas no coñecemento e a innovación no conxunto da unión, ademais de contribuir a un desenvolvemento sostible. O obxectivo é superar o 27 por cento de fontes de enerxía renovables a un custo inferior ao actual.

Te puede interesar