ENTREVISTA

María Villarino: "Vese un rexurdir da ilustración e da escrita realizada por mulleres"

La profesora de Educación Secundaria e ilustradora, mostra na librería Eixo a súa pequena mostra 

Debuxar sempre formou parte do seu día a día, como pasear ou facer exercicio físico, tal como explica. María Villarino (Ourense, 1975) compaxina a súa profesión de profesora de Educación Secundaria coa súa outra paixón, a ilustración. Dende o pasado día 2 e ata o próximo día 22, a librería Eixo da capital acolle unha pequena mostra das creacións de Villarino. En total, 20 láminas de distintos tamaños que amosan unha mirada distinta sobre os contos infantís tradicionais. 

Estas creacións pertencen a un libro.

Si, a "Cuentos clásicos para niñas y niños de hoy". A parte escrita fixérona dous escritores e a visual, eu. O libro é dunha editorial andaluza, polo que aquí non se coñece tanto, pero leva uns 3.000 exemplares vendidos dende fai un ano.

Como xurdiu a idea da mostra?

Fun a Eixo a deixar varios exemplares e ofrecéronse como espacio expositivo. Como as ilustracións estaban pensadas para unha maquetación de libro, non son todas iguais ás que aparecen no conto. 

De que nos falan os debuxos?

O libro narra os contos clásicos con perspectiva de xénero. "Blancanieves" ou "Caperucita" teñen outra realidade, sen que perda o seu encanto de conto tradicional. Nos debuxos vense diferencias físicas, de contextos, de tempos, de personaxes... e cambian os patróns sexistas, claro. 

Na historia tamén se inclúen persoeiros femeninos reais. 

Si, mulleres importantes que dalgún xeito están relacionadas coa historia. Youyou Tu, a científica china que estudiou a vacina contra a malaria, por exemplo. 

Era necesario un conto deste tipo?

É necesario porque este cambio de mentalidade xa está pasando, pero non somos os únicos. Vese un rexurdir da ilustración ou da escrita feminina, hai un montón de historias. Se cadra, agora hai máis interese.

A quen convida á mostra?

Eu convido a todos a que pasen, miren o resultado do libro, que hai exemplares e o disfruten.

Te puede interesar