ENTREVISTA

Marina Ortega: "A medio prazo, este será un proxecto que liderará Galicia"

Marina Ortega (YERAY DIÉGUEZ).
photo_camera Marina Ortega (YERAY DIÉGUEZ).

Marina Ortega encabezará ao PSOE ourensán no Hórreo –xunto a Juan Carlos Francisco e Carmen Dacosta–+. Ortega   destaca o incremento de votos socialista, pese a sufrir o sorpasso a mans do BNG. 

Como valora os resultados?

Tiñamos unhas expectativas antes da crise moi altas, que daban a liderar o PSOE a Xunta. Meteuse polo medio unha situación sen precedentes na que Feijóo alardeou dunha xestión que en verdade foi o éxito da cidadanía. Temos un líder recén chegado e que nestes catro anos vaise dar máis a coñecer.

Na provincia subiron. Satisfeitos?

A cidadanía percibe as política do PP máis tanxibles e o algo está cambiando en Ourense. Cada vez que temos uns comicios, perden votos. A unión con DO, con proxectos contrapostos, non gustou entre os votantes e iso é motivo para que reflexione. O PSOE ten unha liña honesta e de proximidade ca cidadanía, algo que representa Gonzalo Caballero. A medio prazo, este será un proxecto que lidere Galicia.

Te puede interesar