Concellos

Marisol Díaz visitou a Asociación de Veciños de Lobaces tras o acondicionamento do seu local

A delegada da Xunta en Ourense acercouse a este colectivo veciñal que recibiu 17.000 euros da Xunta para mellorar a súa sede e adquirir equipamento de cociña, grazas ao que impartiron tres cursos desta modalidade

A delegada territorial da Xunta de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou este mércores a Asociación de veciños de Lobaces, Esgos, onde incidiu no "compromiso e apoio do Goberno galego coas entidades veciñais" para que poidan desenvolver diferentes proxectos. En concreto, este colectivo veciñal recibiu, no pasado ano, 17.000 euros da Xunta para mellorar a súa sede e adquirir equipamento de cociña, grazas ao que se puideron "desenvolver tres cursos de cociña para tres colectivos: nenos e nenas do concello, persoas da terceira idade e homes.


As axudas deste ano


Na convocatorio deste ano a liña de axudas beneficiará a 22 asociacións da provincia, cunha achega total de 230.000 euros. A delegada da Xunta aprobeitou para reiterar o gran valor destas subvencións "enmarcadas na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e por todo aquilo que contribúa ao benestar dos cidadáns". 

Os entes receptores destas contías poden realizar investimentos en obra, equipamentos ou inmobles, entre outras opcións.

Te puede interesar