Infraestructuras

Marquesiñas provisionais para a estación de autobús

Marquesiñas provisionais ata a apertura da nova terminal.
photo_camera Marquesiñas provisionais ata a apertura da nova terminal.
Instaladas pola Xunta, reciben a críticas do PSOE por ser "inseguras"

A Xunta habilitou dúas marquesiñas na contorna da estación de autobuses de Ourense que funcionan desde hoxe como parada provisional ata a entrada en servizo da nova terminal, unha decisión marcada pola polémica ó entender o PSOE ourensán que "estamos ante dous pendellos". A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a traballar na demolición da actual estación de autobuses e acondicionou unha zona anexa á terminal e dotouna de marquesiñas para dispoñer as correspondentes paradas.

A demolición da actual terminal de autobuses, cun investimento de máis de 523.000 euros, comezou hai dúas semanas cos traballos previos de acondicionamento da parada de autobuses provisional e retirada do material de interior.Estes traballos realizaranse de xeito paralelo ás obras en execución da futura estación de autobuses da intermodal no barrio da Ponte.

A antiga estación de autobuses foi construída fai máis de tres décadas, "e dadas as súas condicións e a inconveniencia de deixar un edificio destas dimensións desocupado nunha zona urbana decidimos redactar un proxecto de demolición", salientan desde a Xunta. "A intervención ten como obxectivo deixar despexado o solar e aproveitar este espazo para a construción dunha residencia da terceira idade", engadiron.

Sobre este proxecto, o PSOE de Ourense vén de criticar que se proceda ao derribo da actual estación de autobuses antes de rematar as obras da nova. Ademais, consideran que as marquesiñas provocarán que os usuarios do servizo "teñan que agardar o autobús apiñados e sen cumplir as medidas de seguridade". O grupo socialista di tamén que "estamos ante unha actuación urbanística de dubidosa legalidade". 

Te puede interesar