MARTA ARRIBAS: 'O Vandalismo non se centra en Montealegre, pois está repartido por toda a cidade'

Marta Arribas (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Chega dende a área de Igualdade para abordar un tema máis natural para ela. De formación en Enxeñería Agrícola, Marta Arribas colle con positivismo esta nova etapa.
Como afronta o cambio dende a Concellería de Igualdade á de Medio Ambiente?
Eses catro anos, asumir a área de Igualdade foi un reto persoal e un compromiso de incidir no ámbito municipal, onde criamos que había unha carencia enorme. Pasar agora a asumir as políticas de Medio Ambiente é un novo reto, algo que me enche no persoal porque profesionalmente estou vinculada a el.

En que punto se sitúa Ourense a nivel medioambiental?
Temos avanzado moito. Nos últimos catro anos, Medio Ambiente foi unha das concellerías que manexou investimentos máis fortes e aí están as obras. Considero que temos aínda moito por facer porque Ourense non é só o casco urbano, senón que ten unha grande periferia rural, onde está o máximo potencial medioambiental.

Como valora o traballo do seu antecesor, Demetrio Espinosa?
O meu antecesor e compañeiro de corporación fixo un importante labor. Para min ábrese un novo reto, pero non creo que a liña vaia ser a mesma porque a situación política e económica non é igual á de hai catro anos. A liña que eu vou seguir é a de rendibilizar ó máximo o diñeiro público e tratarei tamén de que non exista un desequilibrio territorial.

As obras de acondicionamento de Montealegre, un dos montes de máis uso dos ourensáns, para achegalo e comunicalo coa cidade foron moi importantes. Foi un primeiro paso para convertilo nun espazo de referencia. Isto era necesario para algún día chegar a ser un parque botánico. Neste momento non o é, porque para iso é preciso un proxecto de investigación por detrás, pero nunca se podería chegar se non se tivera feito esta actuación. A miña idea é seguir traballando na liña que xa se iniciou e continuar o camiño para que se convirta nun parque botánico. Hai que ir pouco a pouco e facer investimentos de acordo á realidade.

O parque de Montealegre non se escapa e tampouco debemos centrar a mirada só nesa zona porque sexa nova. Por desgracia, os actos vandálicos están repartidos por toda a cidade. Os parques, a colocación de novas macetas, de novas prantas... e non só por xente nova. Para isto temos que seguir facendo campañas de concienciación, seguiremos vixiando os entornos que abrimos, en colaboración coa Policía Local, dende logo, pero tampouco pode depender de que haxa vixilancia en todas partes. Temos que ser conscientes de que é a nosa cidade.

Hai que buscar solucións. Deberiamos chegar a acordos porque realmente San Cibrao ten que asumir as súas carencias en infraestructuras de depuración, colectores e recollida de auga. Todo o que se verte no Barbaña, chega a Ourense e nós pouco podemos facer. Os contactos están feitos e, aínda que o tema de augas é de Infraestructuras, a contaminación do Barbaña é unha cuestión medioambiental e unha desvirtuación da calidade de vida.

Iso depende da Xunta. Por parte do Concello agardamos poder sumar esforzos. As políticas medoambientais en toda Europa teñen sido as directoras de moitas accións de goberno e condicionantes das políticas municipais. Por iso, que se implique unha institución como a Xunta para desenvolver unha proxecto coma este, así como os que poidamos levar a cabo a título municipal, redunda na mellora da cidade.

Tódalas concellerías temos moito que aportarlle á marca porque é parte do noso patrimonio natural. Manter acondicionadas as zonas termais, unir Medio Ambiente con Urbanismo, Termalismo, Cultura, Turismo... esa é a riqueza da transversalidade e o eixo para seguir transformando Ourense.

Te puede interesar