ENTREVISTA

Marta Faílde: “O espectáculo crea experiencias nunha atmósfera sensorial"

20171229000506175_result
photo_camera A actriz Marta Faílde.

A actriz de Avoa Youja que representará a obra "O aloumiño dunha estrela" no Teatro Principal explica "as posibilidades da representación"

O universo no que se desenvolve a obra "O aloumiño dunha estrela" da compañía Avoa Youja, que se representa hoxe as 17,00 horas no Teatro Principal dentro da MOTI,"ofrece os pequerrechos a posibilidade de tocar a bóveda celeste cos  seus propios dedos". Non resulta casual o feito de que a obra, pensada para nenos de entre 0 e 4 anos, sexa "unha invitación a vivir dun modo sensorial todo o que alí vai a suceder", tal como explica a actriz Marta Faílde. 

Como se embarca ó espectador nunha viaxe sensorial?

A obra é totalmente unha experiencia. Hai moitos obxectos lumínicos, cousas que cheiran e outras que se moven. Facemos que caían gotiñas de auga e vemos descender pétalos dende un globo aerostático. Ademais, Fran toca a arpa en directo.

Que se consegue transmitir con estos elementos?

Imos máis alá da narrativa lineal, nun senso tradicional, e conseguimos crear unha serie de atmosferas e estímulos cos que resulta máis sinxelo chegar a un público tan cativo. 

Como se introducen os nenos na experiencia? 

O rematar a parte escénica, ofrecemos a posibilidade de que os nenos  entren no espazo escénico que antes ocupabamos nós, nunha parte que denominamos de exploración. Deste xeito, poden introducirse dentro da estructura con forma de cúpula e xogar cunha cidade feita de bambú e velcros, mentres soa música tradicional de arpa.

Que peculiaridade comparte a escenografía? 

Dende o principio tivemos claro que neste espectáculo nos apetecía que todos os materiais fosen naturais. E foi así como xurdiu unha escenografía composta por bambú, papel reciclado e tecidos naturais, deixando de lado os plásticos. 

Que representan iniciativas como a MOTI?

Axúdanos sobre todo a crear costume, non nos podemos olvidar do teatro e da importancia de chegar con él as familias. E, sobre todo, temos que aproveitar un regalo tan marabilloso como é ter un festival de teatro infantil na cidade. 

Te puede interesar