A mecánica é cousa de mulleres en Santa Águeda

Xuntanza de veciñas de Santa Águeda, onte na Mancomunidade.
photo_camera Xuntanza de veciñas de Santa Águeda, onte na Mancomunidade.

O Centro de Información á Muller elebrará o III Torneo de fútbol pola igualdade o 23 de marzo, no polideoprtivo de Coles

O Centro de Información á Muller de Santa Águeda (no que están os concellos de Amoeiro, Vilamarín, Coles e A Peroxa) celebrará o III Torneo de fútbol pola igualdade o 23 de marzo, no polideoprtivo de Coles, dentro das actividades preparadas para festexar o Día da Muller, cuxo calendario quedou onte aprobado nunha xuntanza que tivo lugar no salón de actos da Mancomunidade.

Ademais do torneo, acordaron a realización dun taller sobre seguridade en rede, do programa Atenea do Instituto da Muller; un ciclo de charlas sobre muller e saúde e, o propio día 8, un obradoiro,"para romper estereotipos", de mecánica básica para mulleres. 

Te puede interesar