SANIDAD

Médicos de Ourense desenvolven un novo programa de control do cancro de próstata

O programa xorde dun dos obxectivos da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense

O servizo de Uroloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras está a desenvolver un programa para a mellora da seguridade e efectividade do tratamento hormonal do cancro de próstata.

A iniciativa persegue a proximidade e inmediatez no acceso ó tratamento dos pacientes, un mellor seguimento e control da evolución da patoloxía, así como a resposta do paciente, mellorar o coñecemento dos pacientes dos seus medicamentos e os posibles efectos adversos e fomentar a adherencia e o cumprimento do tratamento.

O programa xorde dun dos obxectivos da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, o de acadar unha perfecta coordinación entre os distintos chanzos asistenciais da atención primaria e especializada para satisfacer ós pacientes.

Te puede interesar