LITERATURA

"O mellor libro de Carlos Casares aínda estaba por escribir"

RAFAEL
photo_camera Rafael Laso.

O O escritor Rafael Laso Lorenzo (Xinzo de Limia, 1965) presenta hoxe no Liceo de Ourense ás 20,00 horas o seu libro titulado "Carlos Casares, o amigo das palabras", no que fai un repaso biográfico pola vida do autor limiao e o define con amplitude con 30 entrevistas e imaxes.

Laso leva escritos sete libros máis unha biografía de Carlos Casares para nenos que está agora en imprenta –titúlase “Lolo en bici e Carlos na moto” (obviamente unha Harley)– que se publicará antes de Semana Santa e tres novelas que "aínda están no caixón para darlles unha volta".

Como xurdiu o libro “Carlos Casares, o amigo das palabras"?

O libro naceu coa idea de facer entrevistas para elaborar unha biografía pequena e publicala nunha revista cultural, pero esta idea foi medrando e xa sabes, como decía Forrest Gump, "como cheguei ata aquí!"... (risas). Empezas a falar con un, este dice que podes falar con aquel e cando te decatas tes trinta e pico entrevistas enriba da mesa e a cousa acabou nun libro! (risas) 

Quería captar ó escritor dende moitos ángulos?

Verdadeiramente. Aparte de ser una pequena biografía en catro etapas, súmanse as 33 entrevistas. Hai xente que tiña relación persoal con él, outros tiñan relación profesional e algún somentes o coñecían como escritor. Hai arquitectos, escritores, xornalistas, críticos literarios, familia, historiadores, colegas de profesión… Dende Manuel Rivas ata Lola Villarino, e dende Maribel Outeiriño ata Xosé Luis Méndez Ferrín. Así ata trinta. 

Sorprendido cos comentarios dos participantes?

Quedei  impresionado pola calidade da súa persoa e a boa consideración que teñen del aqueles cos que falei. Describen un home de talante negociador, creador e aberto a tódalas posibilidades. 

Un concepto xeral?

Que o mellor libro de Carlos Casares quedou por escribir. Podería facerse se todos os amigos que deixou eiquí contaran e puxeran por escrito tódalas historias que Carlos contaba nas sobremesas das comidas ou nas xuntanzas que facía con amigos. Se se puideran xuntar nun libro todas as anécdotas que contaba, sería un libro marabilloso.

Que aporta con este libro?

Da unha visión poliédrica de Carlos. As entrevistas ofrecen unha visión de Carlos que non é habitual, xa que se presenta a través dos ollos de persoas moi distintas del en gustos, criterios, en afinidades políticas e con diferentes formas de pensar.

Te puede interesar