PROVINCIA

Mellora das rutas de sendeirismo en Parada de Sil

_parada_de_sil_result
photo_camera Panel nas inmediacións do Castro da Cividá, situado na ruta camiño de Santa Cristina.

O Concello de Parada de Sil está a acometer un proxecto que ten como finalidade mellorar e ampliar a sinalización da súa principal ruta de sendeirismo. Coñecida como a ruta PR-G98, é a primeira que se comezou a desenvolver no Concello e estanse a incorporar novos elementos de atracción para os visitantes. O Concello está a atravesar momentos duros, logo dos lumes forestais que castigaron últimos días a aquela zona e que segundo sinalou a alcaldesa, Yolanda Jácome, devastaron máis de 2.000 hectáreas. "Pese a todo, a nosa obriga é traballar para seguir atraendo visitantes a Parada de Sil", afirma Yolanda Jácome.

O proxecto que se está a desenvolver nestes días conta cunha subvención da Axencia Galega de Turismo e consiste en mellorar o aparcadoiro que está situado ao lado do campo de fútbol e colocar paneis ao longo da ruta sobre a flora e a fauna da zona. Algúns destes paneis son interactivos e con códigos QR, polo que a través dun programa confeccionado ó efecto, a xente pode escoitar os cantos dos paxaros e intentar acertar cales son vendo as siluetas dos mesmos nunhas chapas sobre a mesa. De non ter acertado ou ter dúbidas, pódese levantar a chapa e aparece identificado. Tamén se colocaron paneis acerca da viticultura heroica, dado que a ruta pasa por viñas nas que se pode apreciar o fermoso colorido outonal.

Por último, no pobo de Castro, de camiño hacia o mosteiro de Santa Cristina, sinalizouse por primeira vez o Castro da Cividá e un petroglifo. Este castro, do que queda pouca presencia, como restos de murallas defensivas, tivo actividade desde a Idade do Bronce ata a romanización.

Te puede interesar