Melloras no centro de saúde por 15.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a directora asistencial da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Mar Vázquez, acompañados do alcalde de Amoeiro, José Luis González, visitaron as obras que se realizaron no centro de saúde para rehabilitar a súa cuberta a través dun convenio entre Xunta e Concello que foi asinado o pasado ano cun importe de preto de 15.000 euros. O orzamento foi financiado a partes iguais por ambas administración ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Ademais, González solicitou a Alén unha axuda de 60.000 euros para efectuar cambios en busca da eficiencia enerxética: renovación de ventás e portas. Esta segunda axuda foi denegada, polo momento, pola Administración autonómica.

Te puede interesar