PROVINCIA

Melloras no firme da autovía AG-53, en Piñor

As obras provocarán cortes de circulación nos carrís afectados durante catro ou cinco días

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, levará a cabo ao longo desta semana unha actuación de mellora superficial do firme no carril dereito da autovía AG-53, en ambas calzadas, que require o corte dese carril no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 62+640 e 69+380, entre as localidades de Amear e Casandulfe (Piñor).
Para este traballo, estenderase un tratamento superficial de microaglomerado coa finalidade de mellorar a resistencia ao deslizamento, co fin de efectuar unha obra de conservación ordinaria e que requirirá un investimento de preto de 110.000 euros.

As obras inciaranse hoxe e terán unha duración de entre 4 e 5 días, polo que quedarán rematadas entre o venres día 5, concretamente, ese día finalizarán sobre as 12,30 horas en cumprimento das instrucións da DGT de  non realizar restricións de tráfico desde as 14,00 horas; e o luns día 8. Traballarase desde as 8,30 ata as 17,30 horas, aínda que o corte manterase ata as 20,00 horas, porque o tipo de mestura que se vai a utilizar necesita ese tempo de curado antes da apertura ao tráfico, para que se poidan garantir os resultados.

Te puede interesar