ENTREVISTA | OUFF

Miguel Anxo Fernández: "As vodas de prata do OUFF serán unha festa"

OURENSE (CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL). 07/10/2019. OURENSE. El presidente de la Deputación de Ourense, Manuel Baltar, el director artístico del OUFF, Miguel Anxo Fernández y el director técnico del OUFF, Aurelio Gómez Villar, en rueda de prensa para comentar el balance de la 24ª edición del Ourense Film Festival. FOTO: ÓSCAR PINAL

Miguel Anxo Fernández
photo_camera Miguel Anxo Fernández.
O coordinador artístico do Ourense Film Festival mira á próxima edición: aposta por máis sesións, máis aforo e actividades en primavera

A próxima edición do OUFF celébrase do 25 de setembro ao 3 de outubro de 2020, pero é moi probable que non haxa que esperar ata entón para "vivir" o festival. O coordinador artístico, Miguel Anxo Fernández, analiza o balance final da vixésimocuarta edición, a máis exitosa da historia co dobre de asistentes que o ano pasado, e mira xa ao futuro. A descentralización das actividades–ubicadas en diferentes épocas do ano–é unha das apostas que poderían seguir a partir de agora. 

O esgotamento de entradas. Houbo salas que quedaron prquenas. No balance aludía á dificultade de pensar no Auditorio para aumentar o aforo, porque sería difícil encher 1.000 butacas. Algunha idea pensada para aumentar o aforo?
A idea é potenciar o Auditorio nun futuro inmediato e ogallá poida ser para a próxima edición como sede do festival. É un marco incomparable. O equipamento é un problema. Aínda non ten DCP, o sistema de proxección dixital que se usa agora, é fundamental. Nuns anos se non o hai non se poderá pasar cine en Ourense nin en ningures, nós temos que alugalo. O que imos facer e instaurar sesións matinais, nos festivais homologables xa as hai. Hai un púbico de xente xubilada ou de traballadores de tarde, por exemplo, que poderían acudir. É unha proposta interesante, duplicaranse as sesións. Tentaremos ir tamén ás salas de maior aforo, con Ponte Vella temos unha relación magnífica. Pero hai que ter en conta que este ano vivimos unha situación particularmente feliz, a sección oficial foi de calidade alta. O público respondeu, non agardabamos esa resposta tendo os precedentes dos últimos anos do festival.

O ano que vén, vodas de prata do OUFF e aniversario da Xeración Nós. Materializarase nalgunha proposta esta coincidencia? 
As vodas de prata van ser unha festa. Da Xeración Nós, algúns membros tiveron vínculo co cine. Haberá algunha ligazón pero será un acto máis que complementaremos coas propias celebracións. En canto as actividades, é o momento de facer unha gran homenaxe a aquela xente que nos anos 70 puxo o xermolo das Xornadas de Cine de Ourense, o xermolo do actual cinema galego.Imos argallar unha gran homenaxe que felizmente coincidará co 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo, sería boa unha coordinación.

Este OUFF fixo unha gran aposta polo cine comercial, con éxito. Seguirá sendo a liña?
O que pretendemos é que o OUFF se abra á sociedade ourensá, unha sociedade plural en tódolos sentidos: de idade, de intereses e formacións. O que chaman cine comercial de gran público estivo presente, claro que si, pero tamén estivo o cine máis esixente. "Parasitos", a gañadora, ou "O que arde", forman parte dese cine. O ciclo mexicano foi moi específico e tivo unha acollida que non agardabamos. Imos manter o modelo de que o OUFF chegue a toda a cidade. 

Francia e Marrocos serán os países invitados. Por que?
Este ano Francia tivo un protagonismo na figura do actor José García, é unha porta que abrimos que pode ser un ciclo adicado ao propio José García con películas inéditas en Ourense e a posibilidade de establecer algunha relación coa industria francesa. É un embaixador privilexiado, está volcado no OUFF e ímolo aproveitar. En canto a Marrocos, a primeira película documental de Carlos Velo foi "Romancero marroquí", que rodou pola zona de Tetuán. Aproveitamos o 40 aniversario da estrea da película en España e recurrimos ao cinema marroquí de nova factura e vinculado a zona norte de Marruecos, que por desgraza non se ve en España. Vinculado ao espírito "veliano". A achega o que vai aportar é unha mirada diferente, non só exotismo.

Algunha novidade máis?
Estase traballando en varias liñas. Imos potenciar o concurso "En curta". Descentralizar actividades do OUFF, pode ser que "Fas Muvis" pase a primavera e organizar algunha exposición.  Traballaremos en novas publicacións e estamos a buscar candidatos para as Calpurnias. Potenciaremos o Premio Galicia, que está chamado a ser o premio estrela do OUFF.

Cal é o balance deste OUFF?
O OUFF está para quedar, en absoluto en colisión con ningún outro dos festivais e manifestacións que se celebran en Galicia. Son todos complementarios. O OUFF cobre unha lagoa que outros non cobren e a partir de aí, cos demais na absoluta convivencia. E tentamos establecer unha moi boa relación, creo que nos necesitamos todos. Tamén é moi destacable no balance o impacto nas redes sociais. Fixéronse 870 publicacións cun alcance global superior aos 3,5 millóns de impresións. Persoas como Cristina Castaño ou José García fixeron posible este impacto. 

Te puede interesar