Cultura

Seis mil euros para a mellor Creación Literaria

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco abren a convocatoria do décimo oitavo Premio Risco do ámbito literario. O prazo de entrega das obras orixinais remata o 21 de setembro

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco abren a convocatoria do décimo oitavo Premio Risco de Creación Literaria, coa fin de abranguer os diferentes campos da obra Vicente Martínez-Risco e a do seu fillo Antón Martínez-Risco.


Pautas


Os textos a presentar deben de ser de xénero narrativo: poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos ou ensaios; quedan excluídas da convocatoria. O prazo de entrega remata o venres día 21 de setembro de 2018 e o lugar de presentación será no Rexistro Xeral do Concello de Ourense.

Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300. Os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados, en letra tipo Times New Roman, de corpo 12.

A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro -e o autor recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada-.

O XVII premio Risco de Creación Literaria recaeu na obra "A simetría das bestas", do autor Alberto Ramos, e foi presentada nos actos do Día do Libro.

 

Te puede interesar