Á espera do estudio ambiental, a Axencia de Protección da Legalidade reconoce o espazo protexido

As minas previstas en Castrelo teñen informes desfavorables

Unha amplia representación veciñal desplazouse a Santiago para presentar as alegacións na Xunta.
A Axencia de Proteccion da Legalidade Urbanistica (Aplu), organismo da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ratificou nun informe solicitado polo Concello de Castrelo de Miño que os lugares onde se proxecta facer a mina de wolframio e a canteira de extracción granítica son espazos rústicos naturais protexidos e, polo tanto, 'a actividade extractiva é incompatible', segundo conclúe o alcalde deste municipio, Xurxo Rodríguez.
Por ese motivo, as autoridades municipais atópanse agora á espera de que a Xunta publique o informe de impacto ambiental de ambos proxectos, 'para saber o que di, e si é positivo e vai contra o que apunta a Aplu, a ver quen o asinou, que se tera que ater as consencuencias legais'.


ALEGACIÓNS

O concello, ademáis, acaba de presentar alegacións ao plan sectorial de actividades extractivas de Galicia, 'esixindo que non se permitan actividades estractivas en espazos naturais', matizan as autoridades municipais.

O proxecto da canteira está na fase de solicitude de explotación, e están pendentes varios informes sectoriais, entre eles o de impacto ambiental da Xunta, así como a resolución das alegacións presentadas polos veciños e o Concello. A mina de wolframio atópase no proceso de solicitude de investigación, para o que precisa tamén dos informes sectoriais da Xunta.

As alegacións contra os proxectos da canteira e da mina de wolframio básanse, entroutras consideracións, en que a súa ubicación está en solo rústico de especial protección de espazos naturais e, ademáis de apuntar perxuicios medioambientais e patrimoniais, tamén se refiren a que é unha zona agrícola de producción vitivinícola. Neste senso, inciden no feito de que dita producción vitivinícola é un dos motores económicos da zona, que quedaría seriamente perxudicado coa posta en marcha dos proxectos mineiros.

Te puede interesar