A xornada dominical en Ourense estará marcada por ceos cubertos e temperaturas baixas, con mínimas de ata 12 graos e máximas que non superarán os 26.
Un centro de baixas presións irase achegando progresivamente a Galicia este domingo, e unha fronte débil pasará sobre o territorio, o que deixará ceos moi cubertos en xeral e choivas débiles, máis probables nas comarcas atlánticas ao principio e ao final da xornada.
Así o recolle a predición de Meteogalicia, que avanza que os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, con intervalos de moderado entre Bares e Fisterra. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente.
Deste xeito, entre as sete cidades galegas, Ourense volverá rexistrar a máxima temperatura do día, pero sen superar os 26 graos, situándose no resto ao redor dos 22 graos. En canto ás mínimas, caerán até os 12 graos en Ourense e os 13 en Pontevedra.