reportaje

Mirada ourensá a camiños que percorren o mundo

Alba Prol e Raúl García posan no Gran Cañón de Colorado durante a rodaxe nos Estados Unidos.
photo_camera Alba Prol e Raúl García posan no Gran Cañón de Colorado durante a rodaxe nos Estados Unidos.
Alba Prol e Raúl García son dous ourensáns que están a gravar o "O Gran Camiño" co que visitaron os Estados Unidos e continuarán coa rodaxe en Xapón e Perú, sen esquecer Compostela.

A senda dos ourensáns Alba Prol e Raúl García comezou fai uns meses, cando iniciaron o proxecto “O Gran Camiño”. Este documental está a facer a cabalo de Santiago, Estados Unidos, Xapón e Perú. Esta semana remataron as gravacións polo Pacific Crest Trail que percorre a Costa Oeste dos Estados Unidos. Nos próximos días dirixiranse a súa próxima parada, o Wakayama de Xapón.

“Eleximos tres camiños distintos, cunha representación de cada cousa”, explica Raúl. Cada un deles diríxese a un público diferente e ese é o que quixeron recoller no seu documental. “O de Estados Unidos é máis dirixido a deportistas, o de Xapón é un percorrido esencialmente espiritual e o de Perú de carácter cultural dunha civilización pasada”, comenta Raúl ao que engade sobre o Camiño de Santiagos que “une o que caracteriza a cada un deses tres”. 

Aquí en Galicia contan cun equipo de traballo na montaxe do documental, mentres eles se desprazan a gravar polo mundo. “Tratamos de axustar o máximo o presuposto para que nos permita facer a nosa idea con calidade 4K”, sinala Raúl. A comezos de outubro partiron cara América, pero antes xa rodaran por terras galegas. “A gravación do Camiño de Santiago facémola de forma intermitente, intercalándoa coas viaxes, porque hai moitos peregrinos ao longo de todo o ano”, resaltou Alba.

Yosemite, Death Valley, Monument Valley ou a fronteira con México, foron algúns dos lugares que visitaron os directores na súa ruta pola Costa Oeste. "Tan pronto estabamos nun deserto coma nun bosque, coas diferenzas climatolóxicas que eso supón", afirma Raúl.

O seu traballo caracterízase pola interacción en redes sociais dende a súa conta @thegreatwaydocumentary, na que soben contidos en directo nas zonas de gravación para que os seguidores coñezan o interior do documental. "Chamámoslle a rodaxe en directo", sinala Raúl. Aínda que estes días se atopan en Galicia, non descansan: "Mentres non marchemos de novo seguimos subindo cousiñas que facemos por aquí" conta Alba. A súa estrea está prevista para xuño de 2020.

Te puede interesar