A MIT inicia unha aposta polas novas compañías

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia arranca o 19 de xullo cunha programación na que destacan as estreas, o seu carácter internacional e nesta 29 edición cun marcado espírito crítico e irónico, pero tamén cargado de humor. Mario Gas, Cándido Pazó, Tristán Ulloa, Claudio Tolcachir, Susana Dans, Sergio Peris Mencheta, Cristina Domínguez, Romeu Runa, Alfredo Sanzol ou Xavier Deive, son algúns dos nomes dos artistas escénicos contemporáneos que figuran na programación deste ano.
Compañías consolidadas, como La Zaranda, Premio Nacional de Teatro ou Talía Teatro, compartirán espazo con outras novas coma Il Maquinario, dentro do programa L de apoio aos emprendedores. A organización elexiu o espectáculo Otelo, da compañía chilena ViajeInmóvil, que trata o tema do feminicidio para abrir o telón no castelo.

Te puede interesar