PERSONAXE DO DÍA

Tereixa Paz: “É moi saudable para a mente non facer o mesmo durante moitos anos"

Tras algo máis de once anos como deputada autonómica polo BNG, comenzou onte unha nova etapa ó ocupar a súa praza de axente na Administración de Xustiza

Tereixa Paz mudou o pazo do Hórreo en Compostela polo servizo de Notificacións e Embargos do edificio xudicial en O Couto. Sobre a súa mesa do sótano acumúLanse agora citacións, notificacións, embargos, desafiuzamentos ou execución de sentencias.

O seu primeiro día. Como afronta esta incoporación...? Síntese estraña?
Teño a excitación de cando estabas no cole ou no instituto e tiñas ganas de empezar o curso en setembro. Levaba máis de once anos sin traballar nesto. Teño certa ansiedade polo reencontro cos compañeiros, coñecer ós novos, un edificio novo... Hai que aprender cousas novas, pero teño moita ilusión.

Botará de menos o atril do Hórreo?
Non o sei... Supoño que si. Pero tiña ganas de desconectar do día a día, da mañá a noite adicada á política. Apetecíame vela dende outra posición porque foron case doce anos vividos con moita intensidade. Era o momento de parar e resetearse para ver os touros dende a barreira. De todas formas, a política nunca se abandona. Hai outras formas de facer política sen estar na vida institucional.

Pero o cambio é grande...

Si, pero teño o privilexio, que por desgraza non ten todo o mundo, de  que nunca estiven máis de dez ou once anos continuados facendo a mesma actividade, algo súper saudable para osixenarte mentalmente. Unha temporada adicándome o que é o meu traballo dende fai 26 anos está moi ben.

Entón non pecha a porta á política en primeira liña?
Nunca podes dicir non a nada de antemán. Pero agora apetéceme estar aquí. Foi unha decisión moi meditada.

Corren malos tempos para o BNG?
Espero que nos vaia satisfactoriamente e que teñamos resultados que permitan defender os intereses de Ourense no Parlamento galego e ser a voz dos problemas de moitas persoas que estanno pasando mal a consecuencia da crise económica. Falta unha discrimianción positiva paraesta provincia e políticas que frenen a deriva demográfica, social e económica. E dentro das miñas posibilidades contribuirei a que o BNG teña o mellor resultados posible.

Pero os resultados van a peor...

Hai que ser realista. A situación do BNG e do nacionalismo en Galicia en xeral é delicada. Pero creo que temos un traballo colectivo que nos avala e hai moita xente que cre que o BNG defende os seus intereses. Espero que con esforzo e traballo ser capaces de explicarlle á cidadanía as nosas pro- postas e así manter un resultado digno. É difícil ... A situación é deli- cada, sobre todo aquí en Ourense. Arrastramos ano e pico de resulta- dos moi negativos aínda que as autonómicas son eleccións diferentes e operan factores diferentes na intención de voto. Espero que consigamos representación do BNG en Ourense.

Te puede interesar