TURISMO

Molgas e Xunqueira unen a súa promoción turística

O entorno termal de Molgas, un dos seus espazos más singulares.
photo_camera O entorno termal de Molgas, un dos seus espazos más singulares.

Os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía decidiron unir as súas estratexias para promover acciones conxuntas a favor da promoción cultural e turística. Unha información oficial dos dous concellos adiantan que "entre outras accións que se están a levar a cabo, destaca a segunda fase da Escavación e posta en valor do Outeiro do Castro ou Castro de Acea". 

Trátase dun asentamento castrexo que está situado entre os límites de ambos concellos, e os trabajllos arqueolóxicos foron posibles gracias ás aportacións do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, a través do GDR10 Limia- Arnoia.

Explican os promotores desta iniciativa que esta fase de escavación deu comezo o día 1 de xuño, e nela "apareceron dous novos hórreos de tipoloxías diferentes asociados a un contexto galaico, anteriores á conquista do Imperio Romano, que se suman ao atopado na Fase I en maio de 2018. A presenza dunha zona de hórreos ”aumenta o valor da escavación, dado que non existe similitude con calquera outro achádego feito até este momento no territorio galego.

As particularidades da nova fase serán pormenorizadas polo grupo de arqueólogos e os alcaldes de ambos concellos, Xaime Oscar Iglesias e José Luís Gavilanes. 

Te puede interesar