Moncho Borrajo: "O humor fai rir e ten que obrigarnos a pensar"

Ourense. 26/11/17. Actuación de Moncho Borrajo en el Auditorio municipal de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Moncho Borrajo na última visita a Ourense.
Quero provocar, salgo medio espido cuns tatuaxes falsos. É unha demostración de que aínda que estou nos setenta anos, hai xente nova que non ten tanto atrevemento

O cómico ourensán Moncho Borrajo regresa ós escenarios da cidade cun novo espectáculo. O día 11 de outubro, no Auditorio Municipal, o humorista presentará "A pelo" dende as 20,30 horas. Borrajo, con este novo proxecto, busca a gargallada a través dos diversos significados do término que lle da título á obra.

Que vai ocorrer durante “A pelo"?
É un espectáculo con moi pouco de política, a xente está farta deso. Trata do que significa o término "a pelo". Ten moitos significados: montar nunha besta sen silla, quedarse espido, ter relacións sexuais sen preservativo ou cantar sen música de fondo. O monólogo máis longo que teño trata de cando era rapaz e íamos o cine ver películas chinas, polacas e rusas, das que non entendíamos nada. Tamén improviso unha canción que se move según o contexto social actual, para rematar cun conto que reflexiona sobre que temos todo e nos queixamos polo que non. A xente queda decindo: "Pois que verdade di este home". E que queden tranquilos, que non subo a ninguén o escenario. 

No humor sempre hai que ser irreverentes. Eso buscou co cartel de “A pelo"?
Quero provocar, salgo medio espido cuns tatuaxes falsos. É unha demostración de que aínda que estou nos setenta anos, hai xente nova que non ten tanto atrevemento. Fai pouco chamoume un primo e díxome: "Moncho, pero saes sen roupa". E eu díxenlle: "Para o que hai que ensinar...". Calquera cousa que se faga fora do normal chama a atención. Xa me teñen chamado para decirme si toleei ao facer uns tatuaxes. "Pensei que o Moncho se volvera tolo", díxome unha veciña.

Que lle sirve de inspiración para cada un dos monólogos?
Co que pasa todos os días, estando ao tanto da actualidade xa o podes facer. Con que te sentes na terraza dunha cafetería, xa tes un monólogo co que ocorre arredor. O humor faise das cousas máis sinxelas da vida. Ademáis, ten como fin ir en contra do poder, ridiculizar ós ridículos do que eu emprego para bromas, como as pijas que van a "Sanjenjo" ou a "Bayona", por Dios! Poste no Paseo e eso é un circo. Está o que presume de reloxo ou outra das compras. O humor é un espello da realidade. 

Canta importancia ten a improvisación?
Teño escrito un monólogo de notable, pero coa improvisación diaria  podo acadar un sobresaínte e depende de mín. Esta parte é distinta, varía según onde traballe.A actualidade da moito pé á improvisación.

É moi necesario o humor nestes tempos?
O humor aparte de facer rir, ten que obrigarnos a que pensemos. É unha medicina, porque serve para sacar da tristeza diaria, e tamén é unha arma para atacar ós poderosos.

Considera que a opinión pública exerce unha censura cada vez máis dura?
O políticamente correcto úsase para marcar unhas normas moi claras. Estamos chegando a un punto no que a xente ten unha pel moi fina. Eu son homosexual e digo "maricón" para que non o traten coma un insulto. Unha vez respondéronme que era un homófobo e eu só respondín: "Cambiei de acera con 15 anos e non volvín cruzala por si me atropelan".

Te puede interesar