As edificacións eran empregadas hai dous e tres séculos para obter xeo de cara ó verán

O Monte de Meda recupera as antigas casas de neve

Os Concellos de Xunqueira de Espadañedo e Parada de Sil veñen de rematar unha intervención que pretende recuperar as chamadas casas da neve de Cabeza de Meda e, con esta actuación, salientar a importancia cultural, etnográfica e histórica destas construccións especialmente identificativas das zonas de alta montaña. Do mesmo xeito, os municipios ourensáns tratan de restaurar a memoria do pasado.
No monte onde conflúen os concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos, Xunqueira de Espadañedo e Parada do Sil, existen varias destas edificacións, coñecidas comunmente como 'neveiros'. A idea coa que hai anos se construían era a de recoller a neve para, posteriormente, convertela en xeo para poder empregala como producto refrescante durante o verán.


DENDE A IDADE MEDIA

Existen referencias do uso das casas de neve dende a Idade Media ata practicamente mediados do século XX. Respecto do seu uso, mentres uns sinalan que eran empregadas por veciños das parroquias próximas, o certo é que xeralmente estaban asociadas a mosteiros.

Na actualidade, son varios os neveiros do Monte da Meda que se atopan en estado de abandono, cubertos pola vexetación e con risco de desaparición. A falta de protección á que se viron sometidos ata agora ameazaba ás edificacións co esquecemento. Recentemente no entorno do Monte da Meda, foron construídos dous parques eólicos.

Te puede interesar