Unha mostra enxalza os 40 anos do Carrabouxo

Baltar, González e Pastoriza, no Pazo Provincial.
photo_camera Baltar, González e Pastoriza, no Pazo Provincial.
La Región entregará láminas e camisetas das viñetas máis recoñecidas

A Deputación de Ourense conmenorará os 40 anos da publicación da primeira viñeta do Carrabouxo, figura imprescindible da banda deseñada galega que o seu autor, Xosé Lois González, publica de xeito diario en La Región desde o 10 de novembro de 1982. Dende aquel momento, a personaxe deste home atípicamente alto, amigo do viño e do tabaco, erixiuse como observador experto da sociedade ourensá. Haberá unha exposición ao redor dos corenta anos desta figura, cunha escolma das mellores obras publicadas no xornal, que abrirá as súas portas o 16 de decembro no Pazo Provincial. Non será a única sorpresa.

0,9_fillos_por_muller.jpg_web

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial con Xosé Lois González e o director do xornal, Xosé Pastoriza, para abordar a implicación do goberno provincial nesta efeméride, xa avanzada polo presidente no Debate sobre o estado da provincia do pasado 8 de novembro. “Non podía ser doutro xeito”, afirmou Baltar á hora de valorar o apoio da Deputación a un aniversario que definiu como “a homenaxe de Ourense á traxectoria, compromiso e visión da sociedade ourensá, debuxada ao longo destas catro décadas por O Carrabouxo”. Un emblema propio, engadiu Baltar, “símbolo da nosa cultura e unha celebración que nos permitirá seguir gozando dunha visión universal de Ourense”.

Baltar explicou que a exposición, no Pazo Provincial, irá máis alá da escolma das mellores obras do Carrabouxo. “Haberá outros aspectos da produción plástica de Xosé Lois”, apuntou. As obras son seleccionadas polo propio autor (unha por cada ano de publicación do Carrabouxo máis unha escolma da súa produción ao marxe da icónica figura diaria) e distribuiranse entre o primeiro e o segundo andar. 

 “É unha marabilla celebrar estes 40 anos”, dixo Xosé Lois no encontro con Baltar e Pastoriza. ”O aniversario chega cando se cumpren dúas décadas da instalación da estatua do Carrabouxo”, puntualizou. O debuxante e artista, agradecido pola implicación da Deputación de Ourense nesta efeméride, expresou a súa satisfacción “por celebrar este éxito cunha data redonda”.

filloas.jpg_web

Láminas e camisetas

Con motivo dos 40 anos do nacemento do Carrabouxo, o diario La Región prepara unha campaña dirixida aos lectores máis fieis do emblemático humorista. Co xornal entregaranse próximamente 10 láminas con algunhas das viñetas máis recordadas. Tamén se ofrecerán camisetas deseñadas polo autor, cuxos detalles se darán a coñecer próximamente neste xornal. Nunha entrevista recente, Xosé Lois confesaba a orixe desta peculiar personaxe recoñecida en todo Ourense: “Carrabouxo é unha palabra moi sonora e moi galega. No territorio emprégase de forma popular por parte das nais para dirixirse aos nenos e á vez é a masa que crece nos carballos ao redor dos ovos das moscas, coma unha perla, é como unha resistencia. Esa é a súa simboloxía, O Carrabouxo recibe constantemente  ataques do exterior”.

viva_galiza-el_dia_de_galicia_fue_ayer.jpg_web

Te puede interesar