A Asociación de Mulleres Rurais Amencer recuperou a tradición

Mugares, o Entroido das mulleres

Mugares (Toen). 14/02/2020. Reportaxe sobre os preparatvos do entroido sobre os personaxes recuperados, O labardeiro e a señorita, en Mugares, Toén,
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera As veciñas da Asociación de Mulleres Rurais Amencer de Mugares foron as encargadas de recuperar esta tradición na parroquia, hai xa 15 anos. // Foto: Xesús Fariñas
Un deses Entroidos pequenos e enxebres está a 15 minutos da cidade: as veciñas da Asociación de Mulleres Rurais Amencer recuperaron en Mugares a tradición e elaboran os traxes. As lembranzas das máis lonxevas fixérono posible. 

As maiores de Mugares dan sentido ao Entroido da parroquia. As lembranzas das veciñas máis lonxevas fixeron posible a recuperación das comitivas carnavalescas, presididas polos personaxes da Señorita e o Labardeiro. No local social, as impulsoras da Asociación de Mulleres Rurais Amencer cosen os últimos detalles do traxe. Agora hai máis traballo. O Mazaruco e a Mazaruca, personaxes recuperados hai tres anos, completan o Entroido de Mugares que non deixa de medrar. "Faremos unha festa que nin o demo pola aldea adiante", avanza Teresa.


A historia é unha máis de sátira e improvisación coma calquera Entroido da provincia. Os veciños de Mugares eran os encargados de levar o Mazaruco (boneco de palla disfrazado que pode recordar a algún persoeiro da actualidade ou non) e os de Moreiro (aldea pertencente a Mugares) levaban a Mazaruca, a muller do Mazaruco. A medio camiño, encontrábanse. "Os matrimonios que ían casar nese momento do Entroido eran os que vestían os bonecos. O noivo o Mazaruco e a novia a Mazaruca", explican as mulleres. Transportados en carros de vacas por Mugares, ían acompañados das señoritas, vistosas damas, e os labardeiros, os homes que abrían o paso. Na man levaban a labarda, instrumento co que se mallaba antes o millo. A cousa foi evolucionando. "Antes decorabamolo traxe con cousas da natureza. Flores, hedras...O que encontrabamos. Agora evolucionou a cousa e xa facemos flores de tela. O ano pasado choveunos e tivemos que refacer algo o traxe. A ver se este ano non nos chove...", conta unha das veciñas. 

"Imos facer unha festa que nin o demo. Iremos por todo o pueblo cos mazarucos, señoritas e labardeiros"


A comitiva chega á praza para facer un baile de máscaras e unha comedia satírica. "Había cada historia antes… Eran sempre cousas que pasaban na aldea, en ton de humor", relatan. "Había un conto dun home de Moreiro que fixo cartos daquela maneira…", relatan. "Mellor non dicir nomes, eh".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Este año, tu Entroido tiene premio. ¿Cómo participar? 📸👹 ¡MÚY FÁCIL!⠀ 1⃣ Síguenos en Instagram 2⃣ Sube tu foto de entroido mencionando a @laregion y usando el hashtag #entroidolaregion ⠀ ¿Qué puedes ganar? 🏆PREMIOS🏆 ⠀ 👉 Entre TODOS LOS PARTICIPANTES se sorteará un INCREÍBLE VIAJE A TENERIFE 🏖 para dos personas 💕 en régimen de alojamiento con desayuno ☕🥐 y transportes al aeropuerto incluidos. ⠀ Además un jurado propio elegirá a los ganadores de las dos categorías del concurso: ⠀ 🎭 MEJOR DISFRAZ INDIVIDUAL | Premio de un FIN DE SEMANA en el balneario de MONDARIZ 🏛 con desayuno y circuito SPA incluido ♨ ⠀ 🎭 MEJOR DISFRAZ DE COMPARSA | Premio de una CENA para un máximo de 25 PERSONAS (quienes aparezcan en la foto) en un restaurante de Ourense 🍽🥂 ⠀ ¡No te lo pienses! 📸👹 Fotografía tu disfraz, comparte tu foto con nosotros menciándonos (@laregion), sin olvidar el hashtag #entroidolaregión y LLÉVATE UN PEDAZO DE PREMIO‼ ⠀ #OurenseTerradoEntroido #LaRegión #Sorteo #Viaje #SorteoViaje #Concurso #Fotografía #Tenerife #Mondariz ⠀ Bases legales | Link en la bio.

Una publicación compartida de La Región (@laregion) el


Hai 15 anos que se recuperou este Entroido enxebre, a só 15 minutos da cidade. "Foi unha señora que era moi graciosa que dixo: 'Por que non recuperamos o carnaval?' Xa morreu ela. Compramos telas, viñemos para aqui e empezamos a coser ata que fixemos todos os traxes", di Eulalia, unha das veteranas que segue cosendo.


"Aquí xuntámonos todos os veciños. Antes facemos unha comida. Cocido, claro. Despois vestímonos todas de señoritas, eles de labardeiros. E os pequenos o mesmo. As señoritas levan unhas cintas e van tirando as flores. Vanche moi guapas!", di Teresa. Os ollos ilumínanse cando falan dos nenos que se suman ao Entroido. "Ogallá non se perda". A cita co Entroido de Mugares é o próximo martes 25. Ás 14,00 horas arranca o cocido e ás 16,30 horas a comitiva carnavalesca. 

Te puede interesar