Sete municipios ourensáns obterán axudas por danos do lobo

Estes municipios poderanse beneficiar dun incremento dun 30% do importe da axuda correspondente para paliar os danos que provoca o lobo nas explotacións afectadas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inclúe 22 novos concellos na listaxe de municipios que se poden beneficiar dun incremento dun 30% do importe da axuda correspondente para paliar os danos que provoca o lobo nas explotacións afectadas.

Belén do Campo, a directora xeral de Patrimonio Natural, trasladou esta decisión do seu departamento ás tres organizacións agrarias -Unións Agrarias, Sindicato Labrego de Galicia e Asociación Agraria de Galicia-, despois de que o Diario Oficial de Galicia publicara unha modificación da Orde pola que se convocan estas axudas. 

Así, ampliados os concellos beneficiarios, aplicaráselles unha bonificación dun 30% sobre o importe da axuda ás explotacións gandeiras que se atopen nos seguintes municipios ourensáns: Vilariño de Conso, Viana do Bolo, A Veiga, Nogueira de Ramuín, Celanova e Castro Caldelas. No resto da Comunidade Autónoma, os beneficiarios serán Pontevedra, Silleda, Xove, Viveiro, Taboada, O Saviñao, Sarria, Paradela, Lugo, Guntín, Chantada, As omozas, Oza-Cesuras, Ortigueira, Lousame e A Laracha.

Así, as contas concedidas variarán en función das especies afectadas polo lobo e dos tramos de idade, oscilando entre os 26 euros dun exemplar de gando ovino/cabrún adulto e os 1.817 euros dunha vaca de raza autóctona de entre dous e seis anos de idade. 

Te puede interesar