lingua galega

Os "neofalantes" botan raíces en Ourense: "Chámanme bengalego"

aswq
photo_camera Anik Nandi e Camille Hèdouin.

Ourense é a segunda urbe galega coa porcentaxe máis alta de "neofalantes", galegofalantes de orixe non galega como a homenaxeada nas Letras, María Victoria Moreno. O bengalí Anik Nandi ou a francesa Camille Hèldouin seguíronlle os pasos. 

Cando Anik Nandi chegou dende a India a Ourense para estudar fotografía, pronto coñeceu o galego. E non só o estudou, namorouse. O mesmo lle ocorreu á compositora francesa Camille Hèdouin hai seis anos, cando aterrou na aldea de Saumede para un proxecto cultural e quedou, na terra e co idioma.  Moito antes, o galego irrompeu de cheo na vida e na literatura da estremeña María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano polas Letras Galegas. Os tres forman parte dun fenómeno chamado "neofalantismo", galegofalantes de orixe non galega que constitúen unha corrente de revitalización do idioma. Nun estudo recente da Real Academia Galega tildan a este grupo lingüístico como "cuantitativamente escaso, pero cualitativamente de moita relevancia". Ourense, xunto a Lugo, consolídase como a segunda cidade galega–tras Santiago de Compostela–cunha porcentaxe máis alta de neofalantes: 2,1%. Un  florecemento pequeno en números, pero non en valor.


"Chámanme bengalego"


"O que máis me chocou cando cheguei a Ourense foi que tiñan unha lingua que os mozos coma min–non empregaban", conta o bengalí Anik Nandi. "O que recibín de Ourense o tempo que estiven alí foi o que me fixo saber máis do galego", explica este sociolingüista que agora é doutorando da Heiro-Watt University de Edimburgo. E o seu traballo de doutoramento fíxoo sobre o noso idioma, un idioma que xa sente del. Tanto é así, que os seus amigos chámano agarimosamente "bengalego". A súa conexión non remata aí: o bengalí comparte unhas 800 palabras co galego.


"O galego non é xenético!"


Camille Hèdouin veu a dinamizar o rural ourensán e aprendeu a lingua. O proxecto de recuperación da aldea de Saumede, en A Bola, troúxoa dende Francia e aquí comezou a compoñer en galego. O seu alter ego musical, Monqup, acaba de gañar o Premio Martín Codax da Música, na categoría de electrónica. "Comecei a falar galego porque estaba en Galicia, parecíame evidente", sentencia. Encántalle a sonoridade e a fluidez do idioma para as súas letras e admite que a xente sempre se sorprende de que fale galego. "Por que? Non é xenético!", engade a modo de berro unha das mulleres dese 2,1 % a coidar. 


Testemuñas


Anik Nandi: "Cando cheguei a Ourense chocoume que os mozos falasen en castelán entre eles"anik_result

Este sociolingüista bengalí chegou a Ourense con 25 anos, en 2007, para estudar fotografía na Escola de Antonio Faílde. Viu que os mozos coma el non falaban galego e comezou a interesarse pola situación do noso idioma, tanto que a súa tese de doutoramento fala da nosa lingua. "Quixen saber todo sobre a vosa lingua e cultura e Ourense deume todo para comezar a aprender", sinala Nandi, que hoxe traballa nunha universidade escocesa.  Ao principio, notaba que eses mozos lle falaban en castelán "porque era estranxeiro", pero despois "vin que entre eles tampouco falaban galego".  Como anécdota, hai pouco descubriu que o bengalí, a súa lingua materna, comparte 800 palabras co galego. 

Camille Hèdouin: "Viñen a Galicia, así que me pareceu evidente que tiña que aprender galego"A BOLA (POBO DE FONDO DE VILA). 17/01/2018. OURENSE. Retrato de Camille Hédouin, la artista conocida como Mounquip y afincada en el pueblo de Fondo de Vila, en Pardevedra en el Concello de A Bola. FOTO: ÓSCAR PINAL

A compositora francogalega asentada en A Bola dende hai seis anos, namorou da sonoridade do idioma para as súas letras.  Ela chámao: "Frrs, frrs". Foi unha das participantes do proxecto de recuperación da aldea de Saumede, lugar que agora está moi presente nas súas composicións, igual que o idioma que adoptou. "Cheguei a Galicia, así que me pareceu que o evidente era aprender o galego", sentencia. "Nos meus proxectos sempre quero coller as palabras en galego, é máis fluído que o castelán, máis musical", di. 

Aínda que ao principio os veciños se sorprendían de que contestase en galego, agora é unha máis. "Antes dicíanme: Pero falas galego! Claro, é que o idioma non é xenética!", manifesta esta moza. 

Te puede interesar