Elecciones 12-J | Entrevista

Noa Presas: "Se o PP non ten maioría absoluta o día 12, haberá un goberno de cambio"

OURENSE 29/06/2020.- Noa Presas, nº1 al Parlamento por el BNG. José Paz
photo_camera La candidata provincial por el BNG, Noa Presas. (Foto: José Paz)
"En Ourense sufrimos as consecuencias dunha dobre ración do Partido Popular", din a cabeza de lista provincial do BNG

A pesar da súa xuventude, Noa Presas ten xa un bagaxe político amplio. Iso lle permite falar con optimismo das opcións do BNG nas eleccións do 12 de xullo. Reindustrialización e impulso ecocómico aparecen como medidas principais para Ourense. Todo, no medio dunhas "sensacións positivas".

Cales son as propostas principais do BNG para Ourense?

Dende o BNG entendemos que é fundamental que haxa un cambio político a partir do 12 de xullo fundamental para todo o país pero de forma moi concreta para Ourense. Aquí sufrimos ás consecuencias de ter doble ración do PP. É urxente que nos sentemos e comencemos dunha vez por todas a facer un plan de reactivación económica para que por fin todo o mundo que queira poda vivir e traballar en Ourense. As nosas necesidades son moitas e precisamente por iso temos un plan para Ourense e o resto do país.

As enquisas auguran un cambio para o BNG. Que foi o que puido no pasar nos últimos anos que mobilizou o voto nacionalista?

Nestes últimos anos a veciñanza foi quen de valorar que o BNG fixo un importante traballo de aquelar o proxecto político, de renovación, de adaptación do discurso sen renunciar aos nosos principio pero buscando chegar á veciñanza. Tamén neste tempo vimos que algúns experimentos non cumprían as súas expectativa, temos a proba por exemplo na cidade de Ourense, o autodenominado partido de Ourense que se presentaba para botar a Baltar da Deputación ao final deulle á alcaldía da cidade e creo que os galegos e galegas saben que se hai unha forza insobornable en Ourense é o BNG.

Para non perdernos entre propostas e deixar claros os obxectivos, que é o que pode aportar o BNG  que outros partidos non?

Eu creo que hai unha cousa moi importante: neste contexto no que se van abrir moitas incógnitas sobre como se reparten os recursos e cal é o peso políco de cada parte do Estado, é fundamental que fagamos valer Galiza e que haxa un goberno galego con peso e con capacidade de decisión.

E no teu caso como candidata que podes aportar?

Con toda a humildade creo que durante estes anos traballei o máximo que puiden, e desde o BNG colectivamente, ainda que a cara que se vexa sexa a miña, pois demostramos coñecemento do territorio e demostramos levar os dereitos de Ourense por bandeira. Hai cuestións coma o tarifazo que pagamos aquí do Avant ou cuestións como o abandono ante os lumes, ou o que está pasando coa Sanidade, co intento de peche do paritorio de Verín, etc que son grandes temas que nós axudamos a colocar.

Cales son as vosas liñas vermellas? Con quen traballariades e a que propostas apoiariades?

Desde logo o que sí lle podo dicir aos ourensáns é que si o día 12 de xullo o PP non ten maioría absoluta vai haber un goberno de cambio. O que non vai ser indiferente é se ese goberno é liderado polo BNG como esperamos ou non, porque precisamente que estea liderado por Ana Pontón, a nosa candidata á presidencia da Xunta vai garantir ter as mans libres.

Como estades vendo a campaña e as sensacións na rúa?

A sensación é positiva, é que hai partido e creo que se concentramos o voto que quere cambio, na papeleta do BNG, seremos quen de conseguir ese cambio político que buscamos.n

Te puede interesar