NADAL - ACTIVIDADES

Nogueira anima aos veciños a participar no programa de acompañamento no Nadal

A iniciativa, da Xunta en colaboración co concello, permitirá a veciños pasar dúas semanas nunha residencia

Coas datas de Nadal xa próximo, o Concello de Nogueira de Ramuín vén de animar aos veciños do municipio que viven sos a que participan nun programa da Consellería de Política Social para pasar esas datas acompañados. Así, os veciños do municipio que o desexen poderán realizar as súas solicitudes no Servizos Sociais do Concello ata o 17 de novembro, de luns a venres de 09,00 a 15,00 horas, ou no teléfono 988 201 122.

O servizo de acompañamento abrangue desde o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, e ten por nome "Xuntos polo Nadal". Poden participar as persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. 

O programa inclúe a estancia en residencia durante 16 días e 15 noites), aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Unha vez alí, contarán con actividades de animación sociocultural para non estar aburridos. 

O programa "Xuntos polo Nadal" inclúe o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan ata as residencias de destino, así como a correspondentes viaxe de volta. 

MAGOSTO EN NOGUEIRA

O Concello de Nogueira, en colaboración coa Deputación de Ourense, organizará o vindeiro 11 de novembre un magosto para os veciños. O prezo por participantes será de 6 euros (gratis para os menores de 12 anos). A data límite para a recollida dos tickets é o próximo 8 de nomvebro. O evento celebrarase no pavillón municipal a partir das 13,30 horas. 

Te puede interesar