INSTALACIONES

Nogueira relanza a súa área de autocaravanas

IMG-20180321-WA0030_result
photo_camera A área de autocaravanas de Luíntra, en Nogueira de Ramuín, no evento de inauguración.

Tras o exitoso evento de inauguración, ten previsto ampliar as prazas

Luíntra dispón xa dunha área de aparcamento de autocaravanas, enlazada ademais coas rutas BTT, coa que Nogueira de Ramuín se mete de cheo na rede de concellos que ofrecen un lugar para este tipo de turismo, e enclavado ademais no entorno da Ribeira Sacra, co que pretenden convertelo nun lugar de referencia.

O Concello de Nogueira, en colaboración coa Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), organizou esta pasada fin de semana evento de inauguración con preto de 100 participantes para "darlle pulo" a esta área municipal que, malia levar dous anos creada, será ampliada e dotada de mellores servizos, segundo asegurou o alcalde, César Parente.

A zona está situada no lugar de A Tella, a uns 400 metros do casco urbano, ten unha estancia autorizada de 48 horas e é de uso totalmente gratuíto. "Está concibida como unha área para descargar, aínda que pode haber pernoctas de 48 horas", aclara o alcalde.

Entre a oferta da que presume o Concello está a situación do espazo nunha contorna "tranquila" e "rodeada de natureza". De feito, acompañados dos autocaravanistas galegos, o Concello mostrou as rutas sendeiristas da zona, os Canóns do Sil e gastronomía da zona, para intentar que o coñecemento de este espazo se espalle.

Completos servizos

Ademais das rutas de sendeirismo e o circuíto BTT da Ribeira Sacra cercanos, o espazo conta cun accesible servizo ao aluguer de bicicletas no núcleo de Luíntra e está a carón das piscinas municipais, que poden ser utilizadas no verán.

A área conta con auga potable, baleirado de augas grises e augas negras, zona de xogos para nenos e unha completa área de picnic. 

Te puede interesar