La etimología es un tema complejo, y que lleva a errores por proximidad fonética. Muchos -por ejemplo- creen que el nombre de “Ourense” viene de las minas de oro que los romanos encontraron en la provincia, pero el miembro de la Real Academia Galega y coordinador del proyecto Galicia Nomeada, Vicente Feijóo, apunta a otro origen.
"Os especialistas apuntan a que auria é un dos nomes máis antigos de Europa para denominar un río, e vén do paleoeuropeo awer, 'fluir' ou 'mollar'". A continuación reproducimos el texto completo en el que Feijóo profundiza en la explicación.
O nome da cidade, obispado e provincia de Ourense provén da forma latina Auriense, un adxectivo formado na alta Idade Media a partir dun primitivo Auria. O resultado deste Auria témolo no topónimo Oira, que identifica unha zona onda o río Miño, moi preto da cidade das Burgas.
Neste topónimo identificamos claramente o sufixo adxectival latino -ensis, que no galego actual deixou as formas -ense ou -es, moi rendibles para indicar a procedencia ou a pertenza a un lugar. Por tanto, este sufixo achéganos o significado de “os habitantes de Auria”. Pero que significa ese nome Auria?
Tanto Auria como Auriense son formas que tradición popular identificou co latín aurum -'ouro'-, coa auri fames, ‘a fame do ouro’, que trouxo os romanos a estas terras, pero os especialistas en toponimia desmenten esta relación.
Segundo Edelmiro Bascuas (2002, 42.5) , a forma Auria tería a súa orixe nun tema hidronímico paleoeuropeo *Awer- ‘mollar, fluír’, ditongado por mor da consoante -r- en Aur. A este Aur engadiríaselle o radical -ia para dar como resultado a forma documentada Auria 'auga, río', que nun principio sería unha denominación alternativa do río Miño. Este termo Auria constitúe un dos nomes máis antigos de Europa para denominar un río. Finalmente, a este Auria, en época romana, uniríaselle o sufixo adxectival -ensis para crear a forma Auriensis, forma precedente do actual Ourense.
Tanto a forma latina medieval Auriense como a forma primitiva Auria rexístranse por primeira vez na chamada Divisio Theodomiri ou Parroquial suevo: «Ad Auriensem, Palla Auria» (ano 569), e ambas figuran indistintamente na posterior documentación medieval en latín: «villa ubi dicunt Auria» (1010), «in Auria Adefonsus episcopus» (1172), «civitate auriense» (1177)...
Na documentación romance, a partir do século XIII, rexístranse ata 18 resultados correspondentes ao derivado en –ense; entre eles, o cultismo ou semicultismo latinizante Ourense, que acabou por impoñerse sobre outras variantes patrimoniais como Ourées, Ouréns, Ourés...